Diario de precampaña: coidados

Diario de precampaña: coidados

Hoxe vouvos falar dun dos eixos do noso programa: a sociedade dos Coidados. Parece que os políticos sempre estiveran na forza da vida. Porque sempre gobernan para os fortes, para os que gozan de saúde, para os que están no máximo das súas capacidades vitais. Gobernan precisamente para aqueles que non os necesitan. Cun concepto productivista da política municipal. Fan de nós, dos cidadáns, unha mercadoría máis que cando non funciona, se desbota ou se esquece. Pero quen se acorda…

Ler máis Ler máis

DIARIO DE PRECAMPAÑA: FERROL E O SEU MEDIO AMBIENTE

DIARIO DE PRECAMPAÑA: FERROL E O SEU MEDIO AMBIENTE

Hoxe quero reflexionar sobre o meirande desafío ao que nos enfrontamos como especie, a conservación do Medio Ambiente. Meirande desafío, digo, porque somos seres dependentes do Medio, evidencia que é necesario lembrar na era virtual do mundo tecnolóxico. Antes da globalización, no mundo dos nosos avós, a nosa capacidade de destrución era moitísimo máis cativa e achegada. Non existían a maquinaria que tanto traballo nos quita pero que todo o estraga. No mundo a granel non precisabamos estar concienciados da…

Ler máis Ler máis

Diario de precampaña: DEVOLUCIÓN Á VECIÑANZA DOS MONTES EN MAN COMÚN DE DONIÑOS-BRIÓN (MONTES VECIÑAIS DO CHA)

Diario de precampaña: DEVOLUCIÓN Á VECIÑANZA DOS MONTES EN MAN COMÚN DE DONIÑOS-BRIÓN (MONTES VECIÑAIS DO CHA)

Hoxe quero recoller as xustas e históricas demandas pola recuperación dos Montes en Man Común de Doniños-Brión. Precisamente porque este xoves, 28 de marzo, a Asociación Montes Veciñais do Cha ten a ollada posta no que se decida no Pleno de Ferrol que tratará as súas reclamacións. Para quen descoñeza a problemática, dicirlles que foi no ano 1939 que o concello de Serantes foi anexionado á forza ao concello de Ferrol e a consecuencia, todas as parroquias rurais como Doniños-Brión…

Ler máis Ler máis

Diario de precampaña. Estimado/a votante do Partido Popular de Galicia:

Diario de precampaña. Estimado/a votante do Partido Popular de Galicia:

Hoxe voume dirixir as persoas que habitualmente votan ao Partido Popular de Galicia. Penso que unha organización como a nosa que pretende recoller apoios que van desde as persoas que participan nos movementos asociativos e de auto-organización, pasando polas persoas traballadoras autónomos, micro-empresas e traballadores/as en xeral ate chegar as persoas mais convencionais da sociedade ten que poder dirixirse aberta e sinceramente a eses sectores mais moderados e galeguistas que habitualmente votan ao Partido Popular. Diríxome as persoas que habitualmente…

Ler máis Ler máis

DIARIO DE PRECAMPAÑA: Por unha mocidade dona do seu futuro.

DIARIO DE PRECAMPAÑA: Por unha mocidade dona do seu futuro.

Desde LiGanDo pensamos que á mocidade ferrolana non se lle pode mentir con paxariñas preñadas e con un futuro de coches voadores cando o devalo das enerxías fósiles e dos recursos mineiros van ser o elemento fundamental que van marcar as súas vidas. Coa información da realidade enerxética mundial e tendo claro o primeiro principio da termodinámica a mocidade ten que ter a oportunidade de debater e comezar a construír o mundo do futuro e deberá poder decidir se a…

Ler máis Ler máis

NON ÁS AGRESIÓNS POR MOTIVOS POLÍTICOS.

NON ÁS AGRESIÓNS POR MOTIVOS POLÍTICOS.

Desde LiGanDo queremos denunciar o clima de violencia que está empezando a aparecer nas entornas politizadas da sociedade. Sen ir mais lonxe esta fin de semana foi agredido FJM na cidade de Ferrol. A nosa solidariedade coa vítima e a nosa demanda para que as investigacións policiais leve aos culpables diante da xustiza. A construción dun mundo cunha escala de valores que non contemple a cultura da dominación, tal e como pretende LGD, pasa imprescindíbelmente por afastar da violencia física….

Ler máis Ler máis

8 M: POLA DESMERCANTILIZACIÓN DA SOCIEDADE!!!

8 M: POLA DESMERCANTILIZACIÓN DA SOCIEDADE!!!

Estamos diante dun novo 8 de Marzo e toca falar de igualdade, mais este 8 de Marzo de 2019 é diferente porque o ano pasado fixemos historia con mobilizacións sen precedentes. Grazas a nós, a todas NOSOUTRAS avanzamos de xeito importante. Grazas ás mobilizacións e a greve do 2018 o feminismo forma parte do debate político do momento actual e, ademais, conseguimos que o de agocharse no termo “feminino” de moitas mulleres para fuxir do feminismo soe ridículo. Hoxe, 8…

Ler máis Ler máis

Cuarta entrada: “preferimos mil veces mais ….”

Cuarta entrada: “preferimos mil veces mais ….”

Cansa, e moito, atopar na política sempre os mesmos valores , a mesma vara de medir imposta por persoas adultas, maiormente homes de entre 30 e 60 anos aproximadamente, que teñen todos os problemas da vida resoltos: ter trazos faciais e o idioma dos poderosos, acceso a cartos, mobilidade, saúde, ausencia de persoas ao seu cargo, … Cansa, e moito, que estas persoas situadas na forza da vida, estean na política impoñendo a súa visión dos problemas e resolvendo as…

Ler máis Ler máis

Terceira entrada: é preciso coidar os coidados!!

Terceira entrada: é preciso coidar os coidados!!

Asistimos ao fin de catro anos do goberno de Jorge Suárez. Catro anos perdidos dunha esquerda clásica que segue a rezar o mantra do imposibel crecemento continuo. E coa farsa do crecemento continuo, FeC afondou nese continuismo político de poñer os intereses duns poucos por riba dos da maioría. Non imos lembrar aquí todo o que non se fixo. Todos temos memoria e fresca. Desde o decrecemento temos claro que necesitamos urxentemente políticas locais centradas nas persoas e na conservación…

Ler máis Ler máis