Aviso legal

Aviso legal

Alcance

Este documento contén as principais condicións xerais que rexen o acceso e o uso, así como coa privacidade dos usuarios, nos sitios e servicios online do web de LiGanDo; a partir de agora Ligando. É de aplicación para todos os sitios e servicios de Ligando en INTERNET en que apareza esta declaración ou que inclúen un enlace a ela. Sitios e servicios dos que é titular o Partido Político Ligando, con domicilio social en Pousadoira 4, Callobre (15635) de Miño, A Coruña, que se encontra inscrito no Rexistro de Partidos Políticos.

O uso do sitio web ou servicio on-line respectivo implica a expresa e plena aceptación destas condicións xerais na versión publicada no momento en que o usuario acceda ao mesmo, sen prexuízo das condicións particulares que poideran aplicarse a algúns dos servicios concretos dos sitios ou servicios web. As citadas Condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no su caso resulten de obrigado cumprimento.

Cookies no sitio ligando.org

O sitio web de www.ligando.org utiliza cookies (pequenos arquivos de información que o servidor do Partido Ligando envía ao ordenador de quen accede ao web) na medida imprescindibel para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte do usuario. As cookies utilizadas no sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal e desaparecen ao rematar a sesión do usuario. En ningún caso utilizaránse as cookies para recoller información de carácter persoal.

Lexislación e xurisdicción

A relación entre o Partido Ligando e o usuario rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someteráse aos xulgados e Tribunais de A Coruña.

Privacidade

O Partido Ligando informa de que todos os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou mediante correo electrónico serán tratados con estricta confidencialidade de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de carácter persoal, e informámolo de que ten vostede dereito de acceso ao fichero, rectificación, cancelación ou oposición de seus datos, poidendo exercitar tales dereitos enviando por escrito mediante correo postal certificado con acuse de recibo unha solicitude a:

Partido Político Ligando
Pousadoira 4
15635 Miño A Coruña

Ou mediante correo electrónico a: contato@ligando.org

O partido Ligando comprométese ao uso responsabel e confidencial dos datos, garantindo que os datos dos usuarios se tratarán de acordo coas esixencias legais, e que tan só serán utilizados por Ligando co propósito indicado de comunicación, información e administración.

Os datos recabados son os adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e finalidades. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose Ligando o dereito a excluir dos servizos rexistrados a todo usuario que teña facilitado datos falsos, sen perxuízo das demais accións legais que poidan proceder.
Mediante o envío dos formularios existentes nestas páxinas web ou mediante o envío dunha mensaxe de correo electrónico, o remitente presta o seu consentimento ao tratamento automatizado dos datos incluidos no mesmo. En calquera caso, os datos facilitados non serán obxecto de cesión a terceiros.

Aceptación

Os sites e servicios on-line de Ligando proporcionan o acceso a multitude de informacións, servicios, programas ou datos (en adiante, “os contidos”) en Internet pertencentes a Ligando, aos que o USUARIO pode ter acceso. O USUARIO asume a responsabilidade do uso dos sites e servicios on-line. Dita responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servicios ou contidos. En dito rexistro o USUARIO será responsabel de aportar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, ao USUARIO se lle pode proporcionar un contrasinal do que será responsábel, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial do mesmo.

O USUARIO comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servicios que Ligando ofrece a través do seu site (como por exemplo servicios de chat, foros de discusión ou grupos de noticias) e entre outros obrígase a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, homófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos, ou calquera outra forma de discriminación non permitidas pola nosa lexislación; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Ligando, dos seus fornecedores ou de terceiras persoas; introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibeis de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) intentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico de outros usuarios e/ou modificar ou manipular as súas mensaxes.

Información persoal e a privacidade

O Partido Ligando está comprometido a protexer a privacidade dos usuarios dos seus sitios web; queremos contribuir á defensa do dereito fundamental á protección de datos que é a capacidade que ten o cidadán para dispor e decidir sobre todas as informacións que se refiren a el; para isto cumprimos escrupulosamente o Dereito Europeo, a Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e da súa normativa de desenvolvemento, estando obrigado a protexer o tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas que son usuarios dos nosos sitios web ou que acceden aos nosos servicios on-line, especialmente en relación co seu honor e intimidade persoal e familiar. Para elo desenvolvimos os requisitos técnicos necesarios que garantan o tratamento confidencial dos datos, evitar a súa perda, alteración e acceso ou uso fraudulento.

O Partido Ligando -LGD- infórmate de que todos os datos persoais que nos facilites a través de formularios electrónicos, mediante correo electrónico, inscripción e/ou subscripción aos servicios do sitio web, serán tratados con estricta confidencialidade tal e como esixe a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal. Neste sentido garantimos que o tratamento destes datos se efectúa baixo os níveis de seguridade establecidos na Lei e que impiden a súa manipulación ou uso e acceso non autorizados por parte de terceiros que o poidan utilizar para finalidades distintas para as que foron solicitados.

Todos os datos persoais que nos aportedes serán incluidos nun ficheiro debidamente inscrito no Rexistro da Axencia de Protección de Datos, cuxo titular e responsabel é o Partido Ligando.

Os datos persoais, como o seu correo electrónico, nome, enderezo postal onde resida, número de teléfono; información demográfica: idade, xénero, preferencias e intereses, código postal… que se pidan aos usuarios dos distintos sites e servicios on-line de Ligando tenrán como única finalidade prestar os servicios para os que se soliciten, e manter cos usuarios unha comunicación fluida, enviando a través de calquera medio (correo postal ou electrónico, teléfono fixo ou móbil, SMS, MMS, Internet, etc.) a información que consideramos útil e las noticias máis importantes da nosa actividade política; en particular as accións relacionadas con campañas electorais, candidaturas, convocatorias, actos públicos e discursos e presencia dos nosos líderes, etc. En todo caso o Partido Ligando é o único destinatario dos datos e esta información poderá ser utilizada para xestionar a administración do website ou realizar estudos estadísticos de natureza interna e de carácter estrictamente confidencial.

O usuario garante que os datos personais que facilita son veraces e correctos, e Ligando resérvase o dereito a excluír dos servizos do sitio web a todo usuario que teña facilitado datos falsos, sen prexuízo das demáis accións que procedan en Dereito. Os menores de idade deberán obter o permiso de seus pais, titores ou representantes legais para poder acceder aos servicios prestados.

O Partido Ligando non se responsabiliza no caso de que os datos sobre este tema sexan inexactos ou falsos.

O Partido Ligando pode combinar a información recibida por parte do usuario desde diferentes sitios e servicios on-line de Ligando, ou recopiladas mediante outros servizos de Ligando; coa finalidade de ofrecer unha atención máis personalizada e un mellor servizo.
O Partido Ligando non comparte a súa información de contacto con terceiros con fins comerciais, só baixo a súa petición e autorización poderemos enviarlles información de terceiros a través dos sitios on-line ou mediante correo electrónico, sempre enviado por nós. En ocasións, outras empresas contratadas por Ligando poderán fornecer servizos determinados; as mesmas só poderán obter datos personais de vostede estrictamente para lle prestar o servicio correspondente. O Partido Ligando esixiralles igual cumprimento na protección de datos segundo esta Política de Privacidade.

En calquera momento pode solicitar a baixa de recepción de información enviada polos nosos sistemas, así como a baixa dos nosos rexistros. Para elo encontrará en todos os correos electrónicos que reciba pola nosa parte un enlace ou un correo electrónico que lle permitirá solicitar a baixa correspondente. Tamén será posibel solicitar a baixa a través de áreas privadas de sitios web desde as que se poderán facer modificacións dos datos así como a solicitude de baixa. A baixa do servizo ou baixa dos seus datos personais na nosa base de datos, producirase no menor tempo necesario para executar a súa solicitude.

Desde o Partido Ligando perseguiráse a veracidade dos datos, intentando a actualización dos mesmos en relación á situación do afectado. Se os datos de carácter persoal rexistrados resultaran ser inexactos, en todo ou en parte, ou incompletos, serán cancelados e substituidos de oficio polos correspondentes datos rectificados ou completados.

A baixa poderá producirse igualmente a iniciativa de Ligando, cando o usuario infrinxa o Código de Conducta en Internet do Partido Ligando. En todo caso cando o usuario que accedeu a algún dos nosos site ou servicios on-line, e estea dado de alta na nosa base de datos, será dado de baixa nas seguintes situacións:

  • Faga un mal uso do seu identificador e contrasinal para acceder aos nosos sites e/ou servicios.
  • Minta deliberadamente, á hora de fornecer os seus datos persoais, como por exemplo o seu DNI, ou o seu propio nome.
  • Non siga as normas de ética e civismo necesarias: insulte en foros, chat, ou a outros usuarios dos sitios ou servicios do Partido Ligando.
  • Vaia en contra dos dereitos dos demais.
  • Faga ou manifeste actitudes homófobas, xenófobas, racistas, machistas, ou calquera outro tipo de discriminación por calquera razón protexida pola Constitución ou pola Lei.
  • Vaia en contra, de forma manifesta e coa finalidade de causar dano, aos intereses do Partido Ligando ou de calquera dos seus membros.
  • A baixa poderá producirse igualmente de oficio cando deixen de ser necesarios ou pertinentes para a finalidade para a que foran recabados ou rexistrados.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os elementos que forman o sitio web www.ligando.org así como a estructura, deseño e código fonte da mesma, e os elementos contidos en ela (a título enunciativo, imaxes, son, audio, video, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estructura e deseño, escolma de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso), son titularidade do Partido Ligando ou de terceiros e están protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial. Todos os dereitos están reservados. Isto enténdese sen prexuízo da plena titularidade que ostentan as Entidades Colaboradoras sobre dos seus propios contidos, logotipos e marcas. Os usuarios do sitio web unicamente poderán realizar un uso privado e persoal dos contidos de este. O USUARIO comprométese a respetar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade do Partido Ligando. Poderá visualizar os elementos do site e incluso imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico. Está absolutamente prohibido o uso do sitio web ou de algún dos seus elementos con fins comerciais ou ilícitos. O Partido Ligando non asumirá ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido do sitio web e poderá exercitar todas as accións civís ou penais que lle correspondan en caso de infracción destes dereitos por parte do usuario.

Modificacións

Coa fin de mellorar as prestacións do sitio web, o Partido Ligando resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servicios do sitio web, de forma unilateral. Asimesmo, resérvase o dereito de modificar en calquera momento as presentes condicións de uso así como calquera outras condicións particulares.

Exclusión de responsabilidade

O Partido Ligando non se responsabiliza dos eventuais erros tipográficos, formais ou numéricos que poida conter o sitio web, nin da exactitude da información contida en el. O Partido Ligando non se fai responsábel, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que poideran ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de disponibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para o evitar.

Hiperenlaces

Os hiperenlaces contidos no sitio web www.ligando.org poden dirixir a páginas web de terceiros. O Partido Ligando non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servicios que poideran aparecer en ditos sitios, que tenrán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre o Partido Ligando e a as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se encontren.