CANDIDATURA de LIGANDO nas ELECCIÓNS MUNICIPAIS no CONCELLO DE NARÓN
A organización política LiGanDo non ten alma de plataforma electoral e por iso o seu traballo desenvolvese principalmente nos movementos socias. Agora ben, LGD entende que os procesos electorais poden ser un bo mecanismo para a difusión da mensaxe e alternativas que a nosa organización ten para a actual crise de crises.

Francisco Rial Pinto. Cabeza de Lista de LiGanDo no Concello de Narón
Desde o DECRECEMENTO POLÍTICO entendemos que os partidos políticos
tradicionais negan a realidade e buscan dar solucións aos problemas sociais,
medioambientais, económicos, … coa receita de sempre que non é outra que o
crecemento continuo cunha capa de pintura verde. A solución do crecemento
económico no que están instalados (PP, PSOE, TERRA GALEGA, …) lévaos a
mentir, pois o crecemento continuo non é posible nun planeta de recursos
limitados. Esta imposibilidade de crecemento continuo obrígaos a pedirlle á
clase traballadora sacrificios en aras dun futuro próximo no que a maxia do
crecemento económico veña solucionar todos os problemas.
Desde LiGanDo sabemos, ademais, que o crecemento económico é -de ser
posible- unha mala solución pois a actividade económica provoca maior emisións
de contaminantes á atmosfera -polo tanto incrementa o efecto cambio climático-,
destrúe a bio-diversidade, incrementa a mortalidade por contaminación, ….; a
vez que segue favorecendo o enriquecemento dos ricos de sempre a costa da
clases populares. Dicimos de ser posible, pois o certo é que o mundo está
inmerso nunha crise enerxética derivada da falta dunha alternativa real aos
recursos fósiles e mineiros que cada día escasean máis. Desde LGD somos
conscientes que as guerras non son os últimos responsables da escaseza, nin
teñen unha compoñente maioritariamente ideolóxica. As guerras son e fanse polo
desexo de control e apropiación dos recursos dun territorio; sobre todo cando
estes escasean.
Desde LGD-Narón imos forzar que no debate electoral das eleccións municipais
se fale da idea de que outro mundo é posible e que desde o local, desde o
inmediato se poden aplicar medidas que o fagan posible. Desde LiGanDo-Narón
imos colocar encima da mesa que a maioría da clase traballadora está farta de
esperar pola solución do crecemento económico que todos os partidos
clásicos defenden desde o 2008, sen que este sexa posible e desexable no
momento histórico actual. . Dicimos que basta de mentiras, que é o momento de
aplicar as medidas que o Decrecemento ten para solucionar os problemas e que
favorecen a maioría das persoas a vez que aseguran o mantemento da vida.
LiGanDo vai concorrer as eleccións municipais do 28 de Maio no Concello de
Narón e a súa candidatura vai estar formada por veciños e veciñas,
comprometidas co futuro de Narón. A fronte dos mais de 21 candidatos e
candidatas que van formar parte da lista de LGD, vai estar FRANCISCO
JAVIER RIAL PINTO, persoa comprometida co futuro de Narón
e amplamente coñecida pola veciñanza por ser orixinario da parroquia da Gándara da parroquia de Narón.
Fran desenvolve a súa faceta profesional no sector da construción e ten
traballado en diversas empresas relacionadas co sector. No pasado foi delegado
sindical da CIG e é moi coñecido en todo Ferrolterra pola súa dedicación non
profesional no mundo da interpretación musical en eventos de hostalaría e
veciñais.
A designación de Francisco Rial Pinto como cabeza de lista da candidatura de LGD,
vai favorecer que a veciñanza de Narón coñeza de primeira man unha alternativa
política que antepón a seguridade vital e de futuro de todas as persoas á
solución clásica de finais do século XX que representan o crecemento económico
defendido por todos os partidos (PP, PSOE, BNG). Estamos seguros que a
candidatura de Fran vai obrigar as restantes forzas políticas de Narón a mudar
o seu discurso e vai provocar a reflexión colectiva sobre a necesidade de
deixar de esperar para mellorar as cousas, mudar o rumbo e coller o camiño dun
futuro onde as persoas teñan garantidas as necesidades básicas de seguridade
alimentar, sanidade, vivenda, acceso a cultura, educación, roupa.