NON ÁS AGRESIÓNS POR MOTIVOS POLÍTICOS.

Desde LiGanDo queremos denunciar o clima de violencia que está empezando a aparecer nas entornas politizadas da sociedade. Sen ir mais lonxe esta fin de semana foi agredido FJM na cidade de Ferrol. A nosa solidariedade coa vítima e a nosa demanda para que as investigacións policiais leve aos culpables diante da xustiza.
A construción dun mundo cunha escala de valores que non contemple a cultura da dominación, tal e como pretende LGD, pasa imprescindíbelmente por afastar da violencia física. Sabemos que a extrema dereita esta en pleno auxe e tamén sabemos que cando unha ideoloxía como o fascismo, baseada no sometemento do débil, intenta coller forza as agresións e provocacións forma parte do seu ritual no intento da toma do poder. O fascismo precisa da violencia para a xustificación do sometemento dos débiles, dos diferentes para a implantación dun posterior castigo social, económico, físico contra os mais desfavorecidos (inmigrantes, pobres, excluídos socialmente, mulleres, persoas con funcionalidade diferente, …).
Desde LiGanDo facemos un chamamento a todas as persoas a non alimentar o inicio do camiño das agresións que a estrema-dereito tanto busca e desexa. Pedimos a todas as persoas que acreditan e traballan por un mundo mais igualitario e con menos discriminación actúen con firmeza e contundencia na defensa destes principios mais sen que isto as leve a caer nas provocacións do fascismo.
En LiGanDo pensamos que os discursos de odio, xenofobia, desprezo a muller pola súa condición de xénero, agresión de persoas con orientación sexual diferente a maioritaria, … deben ser investigados, perseguidos e neutralizados polos poderes do estado. De non ser así podería ser o inicio da conversión do Estado Español nun estado falido, o que irremediablemente significaría o inicio de graves enfrontamentos que ninguén desexa.