INICIATIVA PARA FREAR O DESPOBOAMENTO NA COMARCA DO EO-NAVIA.

INICIATIVA PARA FREAR O DESPOBOAMENTO NA COMARCA DO EO-NAVIA.

Carlos Xesús Varela Aenlle presenta unha nova iniciativa diante do Principado de Asturias.

Traducción al español al final de la noticia.

Desde a organización política LiGanDo-LGD Eo-Navia facemos a seguinte proposta ao Goberno do Principado de Asturias:

1º -Que o Goberno do Principado deixe de marxinar nos orzamentos da comunidade a comarca do Eo-Navia e realice as inversións orzamentais que por dereito lle corresponden.

2º.-Que o Goberno do Principado deixe de actuar e transmitir que as relacións e conexións históricas, culturais, económicas e de idiosincrasia da nosa comarca coincidentes con Galiza son un problema e non unha clara vantaxe para o presente e sobre todo para o futuro da nosa comarca.

3º.-Que o Principado críe unha mesa intersectorial para estudar, avaliar e facer propostas tendentes a evitar e inverter o despoboamento da nosa comarca coa participación activa de expertos e de representantes políticos, económicos, culturais etc. da comarca Eo-Navia.

4º.-Que o Principado inclúa nos orzamentos de 2019 as partidas necesarias para levar a diante as propostas que xurdan na mesa intersectorial propostas no apartado 3º.

ARGUMENTOS:

O despoboamento do rural é un síntoma do proceso de globalización e das políticas deseñadas polas multinacionais que son executadas pola Unión Europea e os gobernos dos estados membros. A aposta por políticas favorecedoras de actividades agro-gandeiras-forestais en réxime de monocultivo, a retirada paulatina de servizos (escolas, asistencia sanitaria, acceso a sistema de telecomunicacións…) ás persoas que viven en contornos rurais; unido cun modelo de reparto dos impostos na liña de favorecer as cidades en detrimento do rural fixo que hoxe se siga dando unha emigración masiva cara a contornos urbanos.

Navia

Tampouco debemos perder de vista a presión constante á que se somete a dignidade das persoas do rural por parte dos medios de comunicación e do sistema educativo que iguala cidade con moderno e progreso e, rural con vello, antigo e atrasado.

A Comarca do Eo-Navia ao ser unha comarca eminentemente rural sofre a despoboación dunha maneira moi importante e perde poboación a un ritmo tan preocupante que nos fai dubidar da súa viabilidade e mantemento no futuro inmediato.

Desde unha visión Decrecentista e polo tanto de aceptación da finitude dos recursos non renovables, principalmente fósiles, e entendendo que se estamos inmersos no final do ciclo de crecemento continuo e do modo de vida occidental a redución de poboación, de darse, debería ser nas contornas urbanas por non ter estás garantida a súa soberanía alimentaria e o subministro enerxético mínimo para o seu normal funcionamento.

Castropol

A perda de mais de 10.000 habitantes da nosa comarca nos últimos anos son a proba palpable que moitas cousas que se están facendo mal entre as que podemos citar o modelo agro-gandeiro-forestal impulsado desde o Principado, a menor inversión feita na comarca (en comparación co centro) desde o goberno do Estado e o Principado e a aceptación negativa ao merecido respecto que se merecen as tradicións, cultura e idioma da nosa comarca. Outro aspecto que inflúe negativamente no asentamento de poboación na nosa comarca é a visión centralista do Principado que inflúe de xeito negativo nas relacións sociais, culturais e económicas que a nosa comarca ten con Galiza e, mais concretamente coa Mariña e coa cidade de Lugo e Mondoñedo. Este comportamento de illamento forzoso co territorio galego esta impedindo o aproveitamento das vantaxes que podería proporcionar a mellora de comunicacións que agora existen coas cidades de Ferrol, A Coruña e a súas áreas metropolitans (1.000.000 de habitantes) pola mellora das vías de comunicación feitas recentemente.

———————————————————————————————————————————————————

El despoblamiento del rural es un sintoma del proceso de globalización y de las políticas diseñadas por las multinacionales que son ejecutadas por la Unión Europea y los gobiernos de los estados miembros. La apuesta por políticas favorecedoras de actividades agro-ganaderas-forestales en régimen de monocultivo, la retirada paulatina de servicios (escuelas, asistencia sanitaria, acceso a sistemas de telecomunicaciones, …) a las personas que viven en entornos rurals; unido a un modelo de reparto de impuestos en la linea de favorecer las ciudades en detrimento del rural hace que a día de hoy se siga dando una emigración masiva hacia las ciudades.

Tampoco debemos perder de vista la presión constante a la que se somete la dignidad de las personas del rural por parte de los medios de comunicación y del sistema educativo que igual ciudad con moderno y progreso y rural con viejo, antiguo y atrasado.

La comarca del Eo-Navia al ser una comarca eminentemente rural sufre la despoblación de una manera muy importante y pierde población a un ritmo tan preocupante que nos hace dudar de su viabilidad y mantenimiento en el futuro próximo.

Desde una visión Decrecentista y por lo tanto de aceptación de la finitud de los recursos no renovables, principalmente fósiles, y entendiendo que estamos inmersos en el final de un ciclo de crecimento continuo y del modo de vida occidental la redución de población, de darse, debería ser en los entornos urbanos por no tener estés garantizadas su soberanía alimentaría y el suministro energético mínimo para su normal funcionamiento.

La perdida de mas de 10.000 habitantes en nuestra comarca en los últimos años son una prueba palpable que muchas cosas que se están haciendo mal entre las que podemos citar: el modelo agro-ganadero-forestal impulsado desde el Principado, la menor inversión hecha en la comarca (en comparación con la zona central) desde los gobiernos del Principado y Central y la aceptación negativa al merecido respecto que se merecen las tradiciones, cultura e idioma de nuestra comarca. Otro aspecto que influye negativamente en el establecimento permanente de población en nuestra comarca es la visión centralista del Principado que influye de forma negativa en las relaciones sociales, culturales y económicas que nuestra comarca tiene con Galicia y, mas concretamente coa Mariña e coa cidade de Lugo e Mondoñedo. Este comportamiento de aislamiento forzoso con el territorio gallego está impidiendo el aprovechamiento de las ventajas que podería proporcionar la mejora de las comunicaciones que ahora existen con las ciudades de Ferrol y a Coruña y sus áreas metropolitanas (1.000.000 de habitantes) por la mejora de las vías de comunicación hechas recientemente.

Por todo lo antes dicho:

Desde la organización política LiGanDo-LGD Eo-Navia hacemos la siguiente propuesta al gobierno del Principado de Asturias:

1º.-Que el Gobienro del Principado deje de marginar en los presupuestos de la comunidad a la comarca del Eo-Navia y realice las inversiones presupuestarias que por derecho le corresponden.

2º.-Que el Gobierno del Principado deje de actuar y transmitir que las relaciones y conexiones históricas, culturales, económicas y de idiosincrasia de nuestra comarca coincidentes con Galicia son un problema y no una clara ventaja para el presente y sobre todo para el futuro de nuestra comarca.

3º.-Que el Principado cree una mesa intersectorial para estudiar, avaliar y hacer propuestas tendentes a evitar e invertir el despoblamiento de nuestra comarca con la participación activa de expertos y de representantes políticos, económicos, culturales, … de la comarca Eo-Navia

4º.-Que el Principado incluya en los presupuestos del 2019 las partidas necesarias para efectivizar las propuestas que surjan en la mesa intersectorial propuesta en el apartado 3º.

Navia, 18 de Abril de 2018

Carlos Xesús Varela Aenlle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará