Navegación por
Mes: Marzo 2018

Iniciativa para impulsar eco-hortas comunitarias en Ferrol

Iniciativa para impulsar eco-hortas comunitarias en Ferrol

AS NOSAS PROPOSTAS: 1.-Pór en marcha políticas decrecentistas de desenvolvimento sostibel onde as Ecohortas Comunitarias xoguen un papel vertebrador. 2.-Conservar superficie agrícola de parcelas municipais para uso comunitario adicándoas a Ecohortas Comunitarias para cesión, en réxime de autoxestión, de usos agroecolóxicos á veciñanza. 3.-Dotar municipalmente esas parcelas de todo o material, persoal de asesoramento científico-técnico (en canto a tipos de cultivo axeitados, prevención e tratamento ecolóxico das pragas, compostaxe…) e instrumental (ferramentas, aperos, mesas…), así como casetas pechadas con rexistro…

Ler máis Ler máis

8-M: ANTIPATRIARCADO OU RAZÓN DE GLÁNDULAS?

8-M: ANTIPATRIARCADO OU RAZÓN DE GLÁNDULAS?

Perante a situación social da muller, a precarización do traballo, a fenda salarial, a marxinación en empregos tradicionalmente masculinos, o paro, o subemprego, o pluriemprego miserento, o privilexio das falsas autónomas, as coidadoras do sul global (que veñen soster a esas mulleres liberadas e independentes que se dan tan só ao berro para crebar o teito de cristal), a violencia de xénero, a educación sexista, a castración emocional… agroman do sochán as campañas parafeministas da burguesía propia ou alleada.  De…

Ler máis Ler máis

LGD pide melloras na Estrada de Catabois.

LGD pide melloras na Estrada de Catabois.

As nosas demandas: 1.-Unha boa iluminación e mantemento dos pasos de peóns da estrada de Catabois, especialmente o que está situado entre a panadería Valencia e a rotonda contigua, cara a residencia, por ser especialmente perigoso dada a mala visibilidade nocturna e alta velocidade de rodaxe dos vehículos. 2.-Revisar as zonas de Carga/Descarga para actualizalas debido a meirande frecuencia de apertura/peche de locais comerciais que se deu coa crise. 3.-Revisar as beirarrúas e solventar as deficiencias de acceso para persoas…

Ler máis Ler máis