LiGanDo-LGD solidarízase coas traballadoras das tendas de Bershka.

LiGanDo-LGD solidarízase coas traballadoras das tendas de Bershka.

 

LiGanDo-LGD solidarízase coas traballadoras das tendas de Bershka do grupo Inditex da provincia de Pontevedra que manteñen unha folga en reivindicación dunhas condicións laborais dignas e da equiparación dun territorio co doutro.

LGD denuncia o modelo de explotación das multinacionais e a súa ilimitada acumulación de riqueza, cada vez en menos mans, namentres hai persoas que non chegan a fin de mes ou que viven na escravatura infantil.

A equiparación territorial en canto a condicións laborais dignas debera ser de obrigado cumprimento non só na nosa lexislación senón tamén na internacional.

Denunciamos, asimesmo, o silenzo mediático a que son sometidas estas traballadoras fronte ao poder omnímodo de Amancio Ortega, que parece primar sobre o dereito á información.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará