No Día da Patria: arredismo!
Ese nacionalismo de mínimos na Galiza. Ese nacionalismo de franquicia que afunde as súas raizames sob unha mesa de piñeiro e cheira aínda a un incienso de clandestina misa de Bonaval. Ese nacionalismo que só fala de independentismo pola boca pequena para non minguar poder eleitoral. Que se dá polas rúas compostelás en romería laica mentres o resto do ano tatexa a palavra Independencia como un neno medoñento castigado no despacho do titor. Un nacionalismo que dá en celebrar xantares…