PAROXISMO E PARIDADE, A REBELDÍA INCOMPETENTE DAS PARRAGUESAS
As parraguesas que dizimos en Ferrolterra, ás que noutros lugares da Galiza chaman pontonesas, barbantesas ou mantis relixiosas, son uns insectos de cor verdosa coas patas anteriores provistas de púas que en repouso adoitan ter unha postura semellante a unha persoa rezando. No pasado, como ben recolleu o Risco etnógrafo, era común que os nenos as cazaran e fixeran das súas con elas. -Pontonesa, pon a mesa… dizían nalgunhas bisbarras. A ciencia e o mito apóñenlle á femia da parraguesa…