50 anos de decrecemento

50 anos de decrecemento

As propostas de solución á presente crise (pre-crise) baséanse desde todos os ámbitos ideolóxicos, agás os da esquerda alternativa, en medidas que teñen como fin volver o antes posíbel a situación previa ao seu inicio que non é outra que volver ao camiño do crecemento. Estas medidas prexudican enormemente as clases traballadoras e o estado do benestar, e o que é peor, están sendo asumidas polas clases traballadoras como necesarias. As solucións son variadas e van desde as medidas de corte neofascista consistentes en permitir que o gran capital aproveite a pre-crise para incrementar as súas taxas de acumulación de riqueza (as do PP, PSOE no estado español) e que segundo os algúns entendidos foron acordadas en Sitges-Catalunya pola elite económica occidental (grupo bilderberg – http://pt.wikilingue.com/es/Grupo_Bilderberg ) e están sendo apoiadas polo FMI, o BCE e a RF e as grandes corporacións mediáticas como o grupo Prisa entre outros ate medidas socialdemócratas apoiadas por persoas de moito prestixio e que no pasado xogaron un papel importante como pensadores por citar algún próximo poño o nome de Xosé Manuel Beiras ou o economista Arcadi Oliver ( http://vimeo.com/13506110) Logo están as medidas do que eu denomino a esquerda alternativa que parten dunha concepción da economía distinta e do papel que esta debe xogar na sociedade.

Non vou entrar a criticar polo miúdo as medidas propostas e impostas polo gran capital co consentimento expreso de UGT e CCOO no estado español pois dou por seguro que calquera lector deste artigo é coñecedor das consecuencias demoledoras que teñen para a calidade e nivel de vida das clases traballadoras. O que si vou manifestar, e non como unha teoría aloucada, é que as medidas que pretenden impor desde os distintos poderes non se deteñen no recorte dos nosos dereitos laborais e da prestacións de servizos, que nos chegan do estado grazas aos impostos que pagamos, senón que tamén pretenden recortar liberdades fundamentais, afastar cada vez máis os centros de decisión do pobo mediante a creación de superestruturas administrativas co único obxectivo de que as grandes corporacións que dominan o mundo se sigan facendo con máis e máis riqueza, con máis e máis control e facernos cada vez máis e máis dependentes deles para poder dese xeito impor con máis facilidade os cambios que eles precisan para o seu propio beneficio en cada momento. Non debemos descartar que como obxectivo a medio prazo estea na axenda deste grupo de xenocidas a implantación de impostos mundiais, moeda mundial e goberno mundial.

http://www.youtube.com/watch?v=wh-vs-eNoKw

Algunhas medidas que se propoñen desde a socialdemocracia real son moi aceptábeis pero hai algunhas que son absurdas e que tan só serven para dar a sensación de que se propoñen cambios radicais cando no fondo non van modificar nada ou case nada; estoume a referir a taxa Tobin. A taxa Tobin é un imposto sobre as transaccións financeiras a nivel mundial. Inicialmente a existencia dun imposto a este tipo de economía parece razoábel defendela sobre todo porque non existe ningún tipo de gravame sobre as inxentes cantidades que se poden gañar neste ámbito en poucas horas. Agora ben, vexamos o que suporía esta taxa. En primeiro lugar dita taxa sería unha porcentaxe simbólica por cada transacción o cal non implica que o montante final de todas as transaccións diarias non fose unha cantidade moi elevada. En segundo lugar tería que ser cobrada a nivel mundial pois non é posíbel atribuírlle a ningún estado o seu cobro por tratarse de transaccións internacionais na maioría dos casos, polo que sería preciso ou crear ou habilitar algún organismo de carácter mundial para o cobro deste imposto e a administración do recursos obtidos por esta vía que ao destinarse a grandes proxectos contra a fame, contra as enfermidades, contra a contaminación volvería novamente a ir parar as mans das grandes corporacións que controlan as transaccións internacionais. En terceiro lugar é unha medida que pode aceptar tranquilamente o gran capital porque aínda que é un imposto que se lles impón ás súas transaccións económicas mentres o recadado reverta novamente en proxectos que eles van desenvolver e lles permita avanzar na creación de superestruturas que ao final tamén se financiaran con impostos ás persoas (por emisión de CO2 ao respirar) vai permitir afastar as decisións as superestruturas facilmente controlábeis polas elites políticas e financeiras ao servizo dos seus intereses.

A taxa Tobin é hoxe por hoxe unha medida de lavado de cara pois non debemos esquecer o que Sr. Jean Ziegler exrelator de Nacións Unidas para o Dereito á Alimentación dixo nunha entrevista feita por Enrique Clemente que no 2009 o 53,6 % do PIB mundial estivo controlado polas 500 (cincocentas) multinacionais máis importantes.

A pre-crise actual analizada desde o propio sistema é unha crise financeira que se transmite á economía real pero a verdade non é esta, a verdade é que a pre-crise actual son os primeiros síntomas do declive da civilización occidental. No pasado houbo moitas civilizacións que desapareceron de xeito repentino e misterioso pero o misterio parece que empeza a resolverse pois todo indica que estas civilizacións pasaron do seu apoxeo a súa desaparición por ter esgotado os recursos naturais sobre as que se sustentaban. Algo parecido está a piques de suceder coa civilización occidental e o recurso fundamental no que se sostén, que dun día para outro pode pasar de ser abundante e barato a ser escaso e moi moi caro, está rematando a súa conta regresiva e este non é outro co petróleo. Dicir que o litro de gasóleo ou de gasolina pode pasar dun dia para outro a prezos impensábeis hoxe non é unha teoría conspiracionista e catastrofista pois lévase varios anos sen incrementarse a capacidade de extracción de petróleo e lévase varios anos sen descubrir nacementos importantes e lévase varios anos sen facer novos pozos importantes polo tanto que un día a demanda supere a oferta non é para nada un punto de vista catastrofista senón que é totalmente real. E que sucederá se o barril de petróleo empeza a subir e subir e multiplica o seu valor por 5 e encima escasea?, pois o que vai suceder e que o noso mundo a nosa civilización van caer como un castelo de cartas, pois o noso xeito de vida está baseado na enerxía barata, nos alimentos baratos e procedentes do petróleo coa introdución de 10 calorías procedentes desta enerxía para obter 1 caloría de alimentos. Pero ademais o modelo económico no que se sustentan as sociedades avanzadas e en vías de desenvolvemento baséase no crecemento continuo en base a enerxía barata. Dito crecemento non é posíbel se non hai enerxía barata. A enerxía barata foi o principal factor que permitiu superar a crise do anos 30 do século pasado e que desta vez non vai poder xogar ese papel fundamental por escasear e ser moi moi caro. http://vesperadenada.org/2010/10/25/demostran-que-e-imposible-volver-ao-crecemento-economico/

A postura dos gobernos diante do teito do petróleo e a postura da avestruz ou non tanto a postura da avestruz como a de non dicir o que realmente esta sucedendo é que a AIE empeza xa a recoñecer. Dicir que a enerxía barata se acabou significa en definitiva asumir que a presente crise veu para quedarse nas nosas vidas e que de non producirse algún descubrimento sorprendente espérannos 50 anos de decrecemento antes da consolidación dunhas novas civilizacións. Que os traballadores e traballadoras coñecesen esta realidade levaría consigo que mantivesen posturas radicalmente diferentes diante das medidas que están aplicando os gobernos, pois seria evidente para eles que ditas medidas non teñen a finalidade de superar un obstáculo senón que teñen a finalidade de continuar concentrando o capital e desmontando no só o estado do benestar senón que tamén desmontando os mesmos estados e transferir o poder destes a organismos xenocidas como a ONU, Bancos Central Europeo, Reserva Federal, FMI onde os cidadáns non teñen ningunha capacidade de control. A non aceptación desta realidade é a principal razón de que a esquerda do sistema (nomeadamente os sindicatos) estea practicamente desaparecida e que as medidas de presión que se toman contra os continuos recortes sexan máis de cara á galería que coa intención de virar o rumbo das políticas dos gobernos. É tan evidente que a presente pre-crise ten unha base principalmente enerxética, que non asumindo a mesma abertamente os gobernos ao mesmo tempo están tomando medidas para paliar as consecuencias, e digo paliar e non resolver porque o problema non ten outra solución que a redución da dependencia enerxética. Medidas como a enerxía atómica de fisión non se sosteñen se asumimos a realidade de que a posta en marcha dunha central nuclear leva uns 7 anos e que as reservas mundiais coñecidas de uranio dan para uns 50 anos cos ritmos actuais de consumo. Tampouco se sostén pensar que a solución pasa pola enerxía solar pois a vida útil das células fotovoltaicas e duns 25 anos e que para producir a enerxía eléctrica que se consume nunha só cidade farían falta hectáreas de hortos solares e unha cantidade asombrosa de seixo e de consumo enerxético para a laminación do mesmo. Non pode quedar sen citar que as reservas de cobre a nivel mundial se están esgotando pois este é un material imprescindíbel para unha “civilización eléctrica” e pola escaseza do cobre novo polo que o cobre vello para reciclar está alcanzando prezos tan elevados que provoca os continuos roubos en todo tipo de instalacións.

BASES SOBRE AS QUE SE DEBE ASENTAR AS SOLUCIÓNS A PRE-CRISE ACTUAL.

Todo fai indicar que as solucións reais a pre-crise actual non van ser tidas en conta mentres non se entre na fase de crise total que vai ter como vertente mais dolorosa a escaseza de alimentos a nivel mundial e o seu encarecemento desorbitado (http://www.portafolio.com.co/economia/economiahoy/sobrecosto-mundial-por-alimentos-vale-us1-billon_8385540-3 )pois como xa dixen antes para producir na agricultura convencional 1 caloría de alimentos precísanse 10 calorías procedentes do petróleo. A base sobre as que se debe asentar as solucións é principalmente a aceptación de que o planeta terra sobre o cal vivimos e un ecosistema fráxil e de recursos limitados e finitos e que hoxe o ser humano sobre-explota eses recursos principalmente polo modelo de civilización occidental que se entendeu a outras partes do mundo e en menor medida pola superpoboación mundial que hoxe ronda os 7.000 millóns de habitantes (no inicio da era industrial antes da aparición das enerxías fósiles petróleo e carbón a poboación mundial era de menos de 1.000 millóns de habitantes) e digo en menor medida pois o importante non é tanto o numero de humanos que habitan a terra senón a pegada ecolóxica que estes deixan pois é evidente que o modo de vida dunha familia de 3 ou 4 membros que conta con 2 vivendas 3 coches e gasta mensualmente 4.000 ou 5.000 euros permitiría vivir en igualdade de condicións a moi poucos millos de persoas neste planeta chamado terra. A base primeira é pois a aceptación dun ecosistema e recursos limitados e a outra base é a de xustiza social baseada no reparto dos recursos do xeito máis equitativo posíbel e aquí o sistema capitalista ao estar baseado na acumulación de riqueza (500 corporacións controlan mais do 50% do PIB mundial) non ten solución pois o simple feito xa non de prohibir a propiedade privada senón a de limitar a mesma derruba o propio modelo do crecemento continuo. Unha vida de menor consumo enerxético de auto-sustentación local alimentar de diferenciación do necesario (sanidade, alimentación, vivenda , educación-información) do superfluo e de reparto da riqueza de xeito equitativo mediante métodos colectivos e de limitación por arriba de salarios e de propiedade privada son os únicos xeitos de superar esta crise que veu para quedar con nós. Repartida a riqueza o reparto do traballo é as obrigas sociais é facilmente alcanzable.

Para máis información

http://www.elpais.com/articulo/economia/paises/industrializados/piden/OPEP/eleve/produccion/petroleo/elpepueco/20101210elpepueco_3/Tes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará