
É a precrise actual unha bandeira falsa?
Na xerga militar e de conspiración unha bandeira falsa é un engano que se fai co fin de confundir e conseguir que unha colectividade de persoas actúe dun xeito determinado. No movemento conspiracionista americano deféndese, arguméntase e mesmo demóstrase que os atentados do 11-S foron unha bandeira falsa, un autoatentado co fin de acadar unha reacción popular que permitise tomar medidas como o ataque a Iraq e o recorte das liberdades individuais e colectivas dentro do propio territorio americano.
Hai poucas semanas coñeceuse que nun informe do Pentágono do EE.UU se contempla unha crise mundial do petróleo baseada na superación da demanda con respecto a oferta debido ao esgotamento de recursos e imposibilidade técnica de conseguir aumentar a produción. Na mesma liña a Axencia Internacional de Enerxía ditaminou que o incremento no prezo do petróleo pode acadar co repuntamento actual da recuperación económica (estoume a referir fóra das fronteiras do Estado Español)
Ademais do petróleo debemos fixarnos noutras materia primas imprescindíbeis para unha sociedade como a concibimos actualmente como poden ser o cobre, o cemento ou mesmo o uranio que se emprega para conseguir enerxía nuclear e, despois de estudar os seus nacementos imos obter como resultado o seu próximo esgotamento. Se a todo isto lle engadimos que os humanos somos “unha praga” difícil de erradicar para o planeta terra pois rondamos os 6.000.0000.0000 habitantes e que deses 6.000 millóns o 20% consumimos o 80 % dos recursos do planeta darémonos conta que non é unha lenda de internet asumir que o planeta terra precisa de 3 meses para producir os recursos que se consumen en 2,5 meses. Non se pode deixar de citar que o 80% da enerxía eléctrica consumida procede de queimar carbón e petróleo e que ademais un coche eléctrico e menos eficiente e polo tanto consume máis petróleo que un “diesel” ou de gasolina ao funcionar con electricidade producida por petróleo.
Os parágrafos anteriores son a argumentación para pór neste folio en branco unha lei física que de momento ninguén foi quen de violar que non é outra que:
“A ENERXIA NEN SE CREA NEN SE DESTRUE SÓ SE TRANSFORMA”
A esta lei física eu engadiríalle outra que por ser sumamente racional a teñen como incerta moitos militantes da esquerda procapitalista que di o seguinte:
POR MOITO QUE NOS DOA O PETRÓLEO É UN RECURSO ENERXÉTICO FINITO.
Sirvan estas reflexións para centrar este breve artigo no seu titulo É A PRECRISE ACTUAL UNHA BANDEIRA FALSA. Lembrar que unha bandeira falsa é unha acción enganosa que pretende conseguir unha xustificación de futuras accións que non serían aceptadas colectivamente nunha situación normal.
Se aceptamos que o gran capital mundial é coñecedor do feito de que o esgotamento dos recursos é algo que está a volta da esquina e que polo tanto vai ser inevitábel o decrecemento no uso destes recursos, é lóxico pensar que este gran capital vai pretender dirixir o decrecemento para que non lles afecte ou incluso para sacar tallada del. É tamén necesario aceptar que a esquerda tradicional de occidente se desactivou en boa medida porque o actual sistema capitalista occidental funcionou coa lei non escrita de que todos os estratos da sociedade melloraban o seu nivel de vida, iso si os de abaixo aproveitando as migallas a cambio de ser man de obra barata e os de arriba acumulando máis e máis riqueza e máis e máis poder en base a unha man de obra barata que via mellorar as suas condicións materiais de vida en base a utilización de xeito irracional de todos os recurso do planeta.
Aceitado que o gran capital é coñecedor do futuro inmediato do esgotamento dos recursos é lóxico pensar que desde os seus grupos organizados como pode ser o “selecto Clube Bilderberg ” se estan articulado medidas para que o decrecemento non lles reste poder é recursos e incluso para poder manter o seu propio crecemento. Crecemento que eles poden manter non en base a sobreexplotación dos recursos do planeta terra pero si en base a un reparto ainda máis inxusto dos mesmos. Para conquerir esto último o gran capital pode estar xogando a baza (mellor dito esta xogando a baza) de introducir na opinión publica mundial unha bandeira falsa que lle permita forzar que millóns de traballadores e traballadoras asuman como necesario e normal a redución dos seus ingresos coa subida de impostos indirectos, recorte de dereitos laborais, recorte de salarios, recorte de prestacións, recorte de atención sanitaria etc etc .
Chegado a este punto e se temos asumido o inmediato colapso enerxético e de recursos da sociedade occidental poderemos aceitar se razonamos sen prexuizos que a presente precrise non é máis que unha bandeira falsa donde o gran capital (non confundir con empresas grandes) esta xugando unhas cartas co fin de manter e incluso mellorar os seus estatus material e de acumulación de poder e riqueza material para poder afrontar con máis vantaxes a verdadeira crise que se dará de xeito brutal no preciso intre en que a demanda de petroleo supere a oferta do mesmo.
O feito de que a esquerda tradicional non teña introducido no seu debate e nas suas reflexións a inmediata crise enerxetica e de recursos naturais vendada por un coñecemento parcial da realidade pois a mesma debate en base a datos e modelos proporcionados polo gran capital e os seus medios de comunicación e que hoxe son aceitados unanimemente ou casi unanimemente por todos os estamentos da sociedade e ademais porque os individuos que forman parte da directivas da esquerda tradicional forman parte indisolubel do mesmo sistema no que se apoio o gran capital. Vexase senón o estracto social de procedencia que conforma a maioria dos dirixentes das organizacións da esquerda tradicional tanto se falamos de partidos políticos como de sindicatos. Este último feito é o verdadeiro motivo polo que a esquerda tradicional é incapaz de proporcionar alternativas reais e creibeis de superación da precrise actual pois a superación da precrise actual só é posibel coa morte do actual sistema e a aparición dun novo modelo social, económico e administrativo-xudicial. É perfectamente creibel pensar que o gran capital ten diseñado o novo modelo e todo fai pensar que se vai basar na xeneralización da exclusión social mediante a privatización absoluta (sanidade, educación, prestación sociais ,seguridade e mesmo exercitos) e a eliminación das clase medias por innecesarias para o novo modelo que eles teñen diseñado. Nembargantes fronte a utilización que o gran capital esta a facer da precrise como unha bandeira falsa para conducir a sociedade cara o novo modelo social que eles promoven a esquerda tradicional non é quen de por encima da mesa non xa alternartivas senón que non é capaz nen de por encima da mesa nen sequera o debate sobre o modelo social, económico, administrativo-xudicial que debe sair da precrise actual e da crise que se nos ven encima de xeito inmediato.
Fronte a inoperancia e miopia da esquerda tradicional desde a esquerda alternativa temos que ser quen de levar a sociedade a necesidade de asumir e debater sobre a limitación do crecemento continuo, a limitación dos recursos e o imediato colapso enerxetico que se nos ven encima e a partir deste ponto ser capaces de dibuxar o un modelo social económico e administrativo-xudicial máis xusto e sostibel. Debemos desde a esquerda alternativa beber de todos modelos socialista propostos teoricamente e postos en practica pero tamén temos que ser capaces de ver os erros historicos cometidos desde estas esperiencias como son a falla de respeto a naturaleza, a burocratización do sistema, a morte do debate no seo da sociedade, a planificación desde as elites sen ter enconta nen a votande, nen o desexo, nen a opinión dos de abaixo, a consideración que os recursos e a enerxia son bens inagotabeis e sobre todo temos que ser capaces de resituar as necesidades materiais non básicas no ponto que lle corresponde e preocuparnos máis polo desenrolo dos individuos e sociedades como seres e colectividades compensadas na procura dun paso pola vida armonicas con entorno e armonicas cos semellantes.
Desde a esquerda alternativa temos a obriga de propoñer alternativa ao actual sistema capitalista non chega con dicer que o futuro pasa simplemente porque o sistema rebente pois pode rebentar e tomar o camiño contrario ao desexado coa aniquilación do “estado de benestar” e a chegada da brutalidade fascista do gran capital. Hoxe xa existen alternativas deslabazadas e desde esas alternativas empeza a intuirse un novo modelo e a labor de configurar un novo sistema mais xusto no social, no económico, no cultural, no xudicial e no ecolóxico non é cousa dun dia nen cousa dun individuo nen sequera dunha organización e cousa do pensamento e do debate colectivo da esquerda que por sorte hoxe por hoxe xa esta a criar propostas e modelos que a curto prazo veran a luz.