Navegación por
Categoría: LiGanDo

NON ÁS AGRESIÓNS POR MOTIVOS POLÍTICOS.

NON ÁS AGRESIÓNS POR MOTIVOS POLÍTICOS.

Desde LiGanDo queremos denunciar o clima de violencia que está empezando a aparecer nas entornas politizadas da sociedade. Sen ir mais lonxe esta fin de semana foi agredido FJM na cidade de Ferrol. A nosa solidariedade coa vítima e a nosa demanda para que as investigacións policiais leve aos culpables diante da xustiza. A construción dun mundo cunha escala de valores que non contemple a cultura da dominación, tal e como pretende LGD, pasa imprescindíbelmente por afastar da violencia física….

Ler máis Ler máis

8 M: POLA DESMERCANTILIZACIÓN DA SOCIEDADE!!!

8 M: POLA DESMERCANTILIZACIÓN DA SOCIEDADE!!!

Estamos diante dun novo 8 de Marzo e toca falar de igualdade, mais este 8 de Marzo de 2019 é diferente porque o ano pasado fixemos historia con mobilizacións sen precedentes. Grazas a nós, a todas NOSOUTRAS avanzamos de xeito importante. Grazas ás mobilizacións e a greve do 2018 o feminismo forma parte do debate político do momento actual e, ademais, conseguimos que o de agocharse no termo “feminino” de moitas mulleres para fuxir do feminismo soe ridículo. Hoxe, 8…

Ler máis Ler máis

Cuarta entrada: “preferimos mil veces mais ….”

Cuarta entrada: “preferimos mil veces mais ….”

Cansa, e moito, atopar na política sempre os mesmos valores , a mesma vara de medir imposta por persoas adultas, maiormente homes de entre 30 e 60 anos aproximadamente, que teñen todos os problemas da vida resoltos: ter trazos faciais e o idioma dos poderosos, acceso a cartos, mobilidade, saúde, ausencia de persoas ao seu cargo, … Cansa, e moito, que estas persoas situadas na forza da vida, estean na política impoñendo a súa visión dos problemas e resolvendo as…

Ler máis Ler máis

Terceira entrada: é preciso coidar os coidados!!

Terceira entrada: é preciso coidar os coidados!!

Asistimos ao fin de catro anos do goberno de Jorge Suárez. Catro anos perdidos dunha esquerda clásica que segue a rezar o mantra do imposibel crecemento continuo. E coa farsa do crecemento continuo, FeC afondou nese continuismo político de poñer os intereses duns poucos por riba dos da maioría. Non imos lembrar aquí todo o que non se fixo. Todos temos memoria e fresca. Desde o decrecemento temos claro que necesitamos urxentemente políticas locais centradas nas persoas e na conservación…

Ler máis Ler máis

Segunda entrada: PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS.

Segunda entrada: PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS.

A pre-campaña de LiGanDo está pensada para coñecer e recoller as propostas da veciñanza de Ferrol, porque pensamos que o desexable é unha cidade o mais auto-xestionada posible polos veciños e veciñas. Reunímonos no noso primeiro contacto cun grupo de traballadores Autónomos para coñecer de primeira man a súa visión. A impresión que sacamos e que a maioría das persoas autónomas perciben ao Concello como unha institución hostil cos seus problemas. A desidia e os atrancos burocráticos diante dun problema…

Ler máis Ler máis

Resposta á Marea de Ferrol

Resposta á Marea de Ferrol

Ferrol, 9 de Febreiro de 2019. Estimadas veciñas e veciños da Marea de Ferrol. Acusamos recibo da vosa carta na que nos convocades a unha reunión para sondar a nosa disposición de converxer nunha única candidatura conxunta das forzas progresistas da nosa cidade para as eleccións municipais de Maio. Temos que dicir a este respecto que ou ben confundistes o e-mail da organización a cal ía o convite, descoñecedes o noso ideario ou simplemente nos infra-valorades como proposta política. Dicimos…

Ler máis Ler máis

REY VARELA: UN PASEO POLAS NUBES.

REY VARELA: UN PASEO POLAS NUBES.

A nosa candidata á Concelleira en Ferrol, Iolanda Teixeiro, interpela a Rey Varela polas típicas promesas de campaña electoral. Di Rey Varela que se presentará ás Municipais co “proyecto más ambicioso para la ciudad de Ferrol”. Pero a cobiza nunca foi boa conselleira. Porque o que xa fora alcalde promete, outravolta, emprego en base ao eterno mantra do crecemento económico. Como se os gobernos de todos os estados occidentais non estiveran obsesionados co crecemento continuo nun planeta onde estamos a…

Ler máis Ler máis

Iolanda Teixeiro encabezará a lista de LiGanDo na cidade de Ferrol.

Iolanda Teixeiro encabezará a lista de LiGanDo na cidade de Ferrol.

A nosa organización política última os detalles da candidatura ás eleccións municipais de Maio na cidade de Ferrol. A candidata á alcaldía de LiGanDo será Iolanda Teixeiro Rei. Iolanda Teixeiro é de momento a única candidata muller á alcaldía de Ferrol e unha coñecida articulista moi coñecida nos ambientes culturais de Ferrol. LiGanDo quere estar presente no proceso electoral para introducir no debate social a necesidade de superar as prácticas capitalistas con propostas Decrecentistas e de auto-xestión. Iolanda Teixeiro é…

Ler máis Ler máis

Pola recuperación do público.

Pola recuperación do público.

Nas últimas décadas vimos de asistir a unha perda de servizos públicos básicos e, por tanto, a un empobrecemento progresivo daqueles sectores da poboación con escasos recursos económicos. Ao mesmo tempo, asistimos a unha privatización preocupante do espazo público, ben sexa coa privatización de zonas verdes pola concesión de aparcadoiros ou a apropiación de prazas e beirarrúas por parte de terrazas do sector servizos. Todo elo sen ir acompañado de aumento de zonas verdes, parques ou zonas de ocio que…

Ler máis Ler máis

O cunhado do trabalhador/a de ALCOA

O cunhado do trabalhador/a de ALCOA

O mundo esta cheio de cunhados com muita preparação mas com poucas luzes. Como bons cunhados repetem o discurso dos problemas de ALCOA e das grandes empresas energéticas com total seguridade de conhecer como nenhuma outra pessoa as possíveis soluções. Estou a referir aos cunhados que acreditam no progresso e na modernidade por acima de qualquer dato que poda fazer acanear o mito do crescimento continuo. Não conheço se os trabalhadores e trabalhadoras de ALCOA ouvirem falar do pico do…

Ler máis Ler máis