Diario de precampaña: DEVOLUCIÓN Á VECIÑANZA DOS MONTES EN MAN COMÚN DE DONIÑOS-BRIÓN (MONTES VECIÑAIS DO CHA)
Hoxe quero recoller as xustas e históricas demandas pola recuperación dos Montes en Man Común de Doniños-Brión. Precisamente porque este xoves, 28 de marzo, a Asociación Montes Veciñais do Cha ten a ollada posta no que se decida no Pleno de Ferrol que tratará as súas reclamacións. Para quen descoñeza a problemática, dicirlles que foi no ano 1939 que o concello de Serantes foi anexionado á forza ao concello de Ferrol e a consecuencia, todas as parroquias rurais como Doniños-Brión…