ANÁLISE ELECTORAL 12-X
Desde a organización política LiGanDo queremos felicitar a toda a veciñanza de Galiza polo comportamento exemplar que mantivo e mantén durante a situación atípica que estamos vivindo. Por atípica non debemos entender como inesperada, xa que as pandemias entran dentro dos prognósticos posibles feitos desde o mundo da ciencia que poden ser causados polas prácticas capitalistas depredadoras dos ecosistemas que tanto abundan. Nesta situación atípica o comportamento que a sociedade galega mantivo no proceso electoral non fai mais que reafirmar…