PROGRAMA MUNICIPAL – FERROL 2019
ÍNDICE
Introdución
Ferrol, cidade en transición
Ferrol, limpo e ben conservado
Ferrol, e o Acuartelamento Sáncez Aguilera
Ferrol, e a vivenda
Ferrol, facilitando a rehabilitación enerxética
Ferrol, cun novo plano municipal de RSU
Ferrol, apoiando ás familias
Ferrol, feminista
Ferrol, apoiando as persoas traballadoras autónomas
Ferrol, apoiando o emprendemento con acento social
Ferrol, coa túa parroquia e o teu barrio
Ferrol, coa mobilidade sustentable
Ferrol, completa accesibilidade do concello
Ferrol, fermoso
Ferrol, coa educación
Ferrol, e o bo vivir
Ferrol, comunidade coidadora
Ferrol, coa cultura quilómetro 0
Ferrol, co deporte quilómetro 0
Ferrol, coas persoas maiores
Ferrol, coa mocidade
Ferrol, coa saúde
Ferrol, cos bens comúns e innovadores
Ferrol, concello diverso e acolledor
Ferrol, concello en transición ecolóxica
Ferrol, o teu concello
Ferrol, no século XXI
Ferrol, co seu rural
Ferrol, concello de proximidade
Ferrol, remunicipalizado e co emprego público
Ferrol, concello sustentable
Ferrol, coa fiscalidade verde
Ferrol, coa participación cidadá
LiGanDo, coas propostas da veciñanza
Introdución
Pensa globalmente, actúa localmente.
A pretensión que temos con este programa municipal os homes e mulleres de LiGanDo é aplicar a frase “Pensa globalmente, actúa localmente”. É tempo de actuar de xeito distinto. É tempo de asumir que estamos no inicio do final da civilización industrial-fosilística e no comenzo doutro incerto e perigoso para todos os seres vivos do planeta, incluídas as persoas.
A contaminación das augas (ríos, mares, océanos, augas subterráneas, chuvia ácida), terra (escombreiras, vertedeiros, plásticos diseminados, praias e costa,…) e aire (emisións de CO2, dioxinas, xofre, metano, …) están provocando unha inestabilidade ambiental e climática claramente perceptible. A mudanza climática non é un simple incremento da temperatura, é sobre todo inestabilidade climática. A inestabilidade climática significa incerteza na produción de alimentos. Se a a isto lle engadimos un modelo produtivo de alimentos concentrado en monocultivos entendemos facilmente as migracións masivas a nivel mundial de animais e persoas que se están empezando a producir por culpa do cambio climático.
A nosa aposta por producir e consumir alimentos en circuítos de proximidade non obedece a unha moda snob, nin a unha mentalidade das cavernas. Obedece a procurar dotar á sociedade de maior resiliencia diante dun corte temporal de subministro enerxético ou alimentario. Non debemos esquecer que mais do 40% dos alimentos consumidos en Galicia, e polo tanto en Ferrol, proveñen de fóra do noso territorio mesmo de fora do continente europeo.
O cambio de paradigma social non vén só da man do cambio climático, tamén, é producido polo declive, recoñecido pola Axencia Internacional da Enerxía, dos recursos de orixe fósil. Que no 2005 a humanidade alcanzara o cumio da extracción do petróleo convencional é a demostración de que se ten iniciado un momento histórico consistente en que a humanidade vai contar cada ano que pasa con menos enerxía dispoñible que o ano anterior. Xustamente o contrario que se vén dando desde mediados do século XVIII (inicio da era industrial).
A Xunta de Galicia, os distintos gobernos de España e mesmo a Unión Europea tratan o tema do cambio climático e da crise enerxética mundial como un factor inexistente para co noso futuro. Desde a Xunta de Galicia tense chegado ao esperpento de considerar a mudanza climática como un nicho de oportunidades de mercado máis, que debe ser aproveitado para crecer economicamente en vez de ser tratado como o grave risco, que supón para o presente e o futuro da humanidade.
O Crecemento continuo xa non é a solución dos problemas, é o gran problema ao que nos enfrontamos. Un maior crecemento económico non supón para nada unha mellor vida para o conxunto das persoas, non supón menor exclusión social. Supón, iso si, maior acumulación de riqueza en mans das multinacionais. As multinacionais alcanzaron o nivel de ser os “novos señores” feudais do século XXI. A maior parte das prácticas capitalistas non teñen en conta factores como o medio-ambiente, a contaminación, a esquilmación dos territorios, a insolidariedade norte-sur, a explotación económica que supón o traballo non remunerado (traballo dos coidados) que permite que a roda capitalista siga funcionando. A maior parte das prácticas capitalistas teñen no centro das súas decisións a acumulación de riqueza a conta de relegar todo o que ten que ver co mantemento da VIDA. Teñen no centro un concepto de modernidade e progreso que non é mais que facer cartos para as grandes empresas.
Decrecer non é, para nada, sinónimo de declive ou crise económica. No declive e na crise económica a situación empeora para o conxunto das persoas entrementres o gran capital, as grandes empresas seguen acumulando riqueza. Xustamente isto e o que está sucedendo desde o inicio desta crise que non vai acabar nunca. Pola contra o DECRECEMENTO é a aposta por garantir a todas as persoas os mínimos básicos para o mantemento da VIDA en detrimento das corporacións multinacionais que controlan o 80% da riqueza mundial. Colocar a VIDA no CENTRO do debate político é na toma das decisións das administracións e institucións e o noso gran obxectivo. No concello de Ferrol tamén.
Queremos un Ferrol pensado por e para todas as persoas, non só para as que están na forza da VIDA. Por que todas as persoas precisamos de ser coidados (cando somos nenos, cando estamos enfermos, cando imos maiores) e todas as persoas temos dereito a ser coidadas.
O DECRECEMENTO non son só medidas medio-ambientais, nin significa só reducir a actividade económica. O DECRECEMENTO é principalmente unha escala de valores baseada na colaboración, a autoxestión, nas redución de consumos enerxéticos e materiais, nas fontes enerxéticas renovables, na relocalización en proximidade das actividades económicas e dos consumos en detrimento da globalización, nun modelo sanitario baseado na prevención e cura e non na cronificación das enfermidades, na toma en consideración dese 50 % da poboación mundial que historicamente foi ignorado e sometido (as mulleres) polo outro 50%, na defensa dun modelo familiar baseado no respecto, igualdade e a axuda mutua e non no patriarcado, na evolución da sociedade do individualismo e a competición cara unha sociedade da colaboración e os coidados mutuos, na necesidade de desmercatilizar a sociedade como o mellor xeito de garantir os dereitos básicos, na aplicación dos 9 R como a maneira de enfrontar os grandes cambios que estamos vivindo. O DECRECEMENTO é tamén a aposta por un novo modelo educativo que contemple e forme as xeracións futuras no respecto as persoas, aos territorios e ao medio-ambiente, os forme para vivir mais localmente e con menor dependencia enerxética, en valores de colaboración e coidados mutuos, e no respecto ao diverso.
Os 9 R do Decrecemento son a base para mudar este mundo inxusto.
Reducir: É necesario reducir os consumos enerxéticos e de materiais. Hai tempo que a humanidade sobrepasou a capacidade de rexeneración do planeta. Reducir en termos globais non significa que os excluídos e marxinados teñan que empeorar os seus estándares de vida material todo o contrario; estes deben subir ate alcanzar un mínimo digno.
Repartir: Repartir a riqueza, os bens materias e a enerxía e o xeito de construír sociedades mais xustas e seguras.
Restrinxir: Non se pode seguir permitindo que a riqueza estea cada vez en menos mans. Vivimos nun planeta con límites físicos e a acumulación de riqueza supón que haxa persoas que non alcancen o mínimo para a supervivencia.
Relocalizar: É preciso volver a traer á proximidade a actividade económica e os consumos. Mais do 40% do petróleo e da enerxía mundial (dígase contaminación) vaise en andar movendo mercadorías ao redor do Planeta. Este modelo precisa dos monocultivos daniños para os territorios e a diversidade medio-ambiental para poder concentrar a produción e desde ai distribuíla por todo o mundo.
Repara: É preciso volver a sociedade da reparación para reducir os consumos enerxéticos e de materiais.
Reutilizar: É preciso unha sociedade que reutilice os bens e lles busque novas vidas
Reverter: É preciso reverter o uso de materiais de xeito que os vellos materiais usados historicamente pola humanidade (madeira, pedra, barro, papel, …) volvan a ser usados. A substitución destes significou maior consumo de enerxía (produción), esgotamento de recursos escasos (minaría) con grave dano ao territorio e ao medio ambiente e maior contaminación por non ser biodegradables.
Reciclar: A reciclaxe é o R menos importante de todos os R do DECRECEMENTO, xa que a Reciclaxe precisa de consumo enerxético, mais é preciso considerar está práctica como acertada.
Redeseñar: É preciso redeseñar a sociedade e os bens materias que usamos para contemplar no deseño todos os R anteriores.
Ferrol, cidade en Transición
Actualmente existe un movemento mundial que empezou no Reino Unido no ano 2005 coñecido como “Cidades en Transición”. Este movemento municipalista ten como fin adaptar as sociedades e os concellos aos dous factores (mudanza climática, cumio do petróleo ou peak oil )máis perigosos para o seu futuro post-fosilístico.
O movemento de transición está baseado en sete principios fundamentais:
Visionado positivo: Visionar é crer que son reais cousas inventadas. Está baseado na creación de ideas que posteriormente poidan ser tanxibles.
O acceso a información de calidade xera decisións de calidade: As iniciativas en transición fomentan a concienciación sobre o cambio climático, o pico do petróleo así como a imposibilidade de ter unha economía baseada no crecemento continuo. Desta maneira todos podemos recoñecer a responsabilidade que temos para tomar decisións.
Inclusión e apertura: As cidades en transición tratan de ter en conta a todos os elementos da sociedade, aplicando procesos de toma de decisións que impliquen a todo o mundo. Todas as iniciativas que se realizan abrazan a toda a comunidade, desde negocios, autoridades locais e veciñanza en xeral.
Permite compartir e crear redes: Éxitos, fracasos, melloras e conexións realizadas compártense para facer medrar o colectivo.
Resiliencia: É a capacidade humana de asumir con flexibilidade situacións límite e sobrepoñerse a elas. No caso das cidades en transición aplicase á economía. Negocios que resistan a crise porque a súa dinámica estea ligada ao local. Comida local, moeda local ou enerxía local para resistir ante situacións adversas.
Transición externa, e tamén interna: O impacto do estado do planeta ou a crise económica pode xerar ansiedade e preocupación nas persoas. No movemento de transición dáse un gran espazo para o cambio interior das persoas, transformando o negativo en positivo para leven a cabo accións que realmente as motiven.
Autoxestión e toma de decisións: Non existe a centralización da toma de decisións nin da información. As cidades en transición basean o seu funcionamento tomando como modelo os sistemas naturais, os cales están baseados na autoxestión de recursos e auto-organización. Non existen xerarquías.*
*De Genova López Morales
En LiGanDo temos claro que Ferrol ten que converterse nunha cidade en transición ao igual que as existentes no Reino Unido, Canada, Nova Zelanda, EEUU ou Arxentina se queremos ter futuro como cidade. Repensar a nosa cidade e a conexión co noso rural é fundamental para un Ferrol sumido nunha crise permanente desde hai anos. A cidade dos EEUU, DETROIT, é un bo exemplo de que se pode reinventar o futuro para un entorno deprimido. A proposta dun Ferrol en Transición será levada a diante por veciños, técnicos, e asociacións de Ferrol baixo o paraugas da Oficina Ferrol en Transición de pendente do Concello de Ferrol.
Ferrol, limpo e ben conservado
A principal demanda que escoitamos no noso contacto coa veciñanza de Ferrol durante a precampaña foi a queixa do suxa e descoidada que estaba a cidade e o rural. Está demanda é ao noso entender unha das pedras angulares dunha xestión Decrecentista. Conservar en bo estado e limpo o que se ten en vez de apostar, simplemente por facer máis instalacións é un concepto que reforza a resiliencia e axuda a cambiar a conduta da sociedade ao mudar a percepción sobre o propio territorio no que se vive. A limpeza chama á limpeza e o lixo ao lixo.
Entendemos que o lixo e a mala conservación das instalación da cidade e o rural non obedece á falta de medios; máis ben é produto do desleixo á hora de gobernar. Esta lexislatura tivo un goberno que baseou a súa acción do día a día en deixar pasar os meses sen tomar en consideración as necesidades e as demandas da veciñanza.
-Crear a Oficina municipal de Linpeza e Conservación.
A proposta de LiGanDo para ter unha cidade e un rural en boas condicións é crear a OFICINA MUNICIPAL DE LIMPEZA E CONSERVACIÓN. Nesta oficina estarán integrados traballadores do concello, representantes de empresas implicadas, representantes das asociacións existentes no Concello e responsables políticos. Terá a finalidade de saber das necesidades en materia de limpeza e mantemento nas parroquias e nos barrios, a toma de decisións para a solución das deficiencias e o seu seguimento ate que o problema fique resolto. O funcionamento será áxil ao igual que o será a posibilidade de achegar suxestións e queixas por parte da veciñanza de Ferrol.
-Reforzar e modernizar o servizo de limpeza viaria.
Pretendemos eliminar todos os vertedeiros incontrolados no noso territorio, así como os focos contaminantes. Implantaremos programas continuos de mantemento dos camiños, pistas e estradas e, conservación dos locais e infraestruturas municipais.
-Ordenanza de tala.
Redacción e posta en vixencia dunha Ordenanza de Tala que permita acordar os intereses económicos de quen explota os recursos da madeira e os intereses veciñais no que se refire ao coidado e mantemento dos viarios públicos que ás veces aparecen esnaquizados polo mal uso que fan deles os madeiristas.
Ferrol, e o Acuartelamenteo Sánchez Aguilera
Somos dos que pensamos que o exército español ten unha gran débeda coa cidade de Ferrol. O comportamento de non abonar o IBI e manter instalacións sen uso e en propiedade, sen ceder as mesmas á veciñanza de Ferrol supón un comportamento egoísta e polo tanto inaceptábel. Entendemos que Defensa debe cambiar a súa actitude coa veciñanza de Ferrol, proceder a pagar os impostos, permitir a apertura da cidade ao mar e ceder as instalacións e edificios que non utiliza nin ten sentido manter en permanente abandono.
Aproveitamos este programa municipal para denunciar o grave perigo que supón manter as baterías de Covas nas condicións deplorables de abandono nas que se atopan. Pensamos que as mesmas deben pasar a xestión municipal e recuperar esta fermosa entorna para desfrute de veciños/as e visitantes.
Os terreos do Acuartelamento do Sánchez Aguilera están localizados nun espazo privilexiado para a cidade de Ferrol. Nun lugar estratéxico de vertebración da cidade. Estes terreos non deben ser visto como o lugar onde crear mais espazo para a mentalidade BBVA (Brancos, Burgueses, Varóns e Adultos) que tanto abunda e que demandan ir co seu automóbil particular a todas as partes. Pensamos que este espazo ten que axudar a construír un Ferrol que prime a comunicación a pé, en bicicleta e en transporte publico da veciñanza. Neste espazo ten que darse prioridade á creación dun pulmón medio-ambiental e cultural para a cidade. Crear nel espazos comunitarios e de ocio (ludoteca), espazos para a mocidade como unha residencia estudantil, permitir a ampliación das instalacións da Sociedade Galega de Historia Natural e crear espazos culturais para os artistas locais en réxime de autoxestión, … Un elemento que nos parece imprescindible recuperar e poñer ao servizo de toda a cidade de Ferrol é o coñecido como o “ambigu “ ou “teatriño dos militares”.
Ferrol, e a vivenda
A vivenda como dereito: non aos desafiuzamentos.
-Creación dun Banco Municipal de locais, vivendas e infravivendas.
Aproveitando a experiencia do Banco de Terras de Galicia creado pola Xunta de Galicia, no goberno bipartito e continuado polos gobernos posteriores do Partido Popular crearemos o BANCO MUNICIPAL DE LOCAIS, VIVENDAS E INFRA-VIVENDAS, para facilitar o encontro e os acordos mutuamente beneficiosos entre arrendatarios e inquilinos. Permitirá dinamizar o mercado do alugueiro en Ferrol. Deste xeito o Concello creará unha bolsa de locais, vivendas e infra-vivendas funcionando como entidade garantista dos acordo de cesión temporal. Esta iniciativa intentará mobilizar o alugueiro en Ferrol e recuperar locais, vivendas e infra-vivendas que hoxe están en pésimas condicións. O obxectivo é beneficiar ás persoas propietarias sen recursos para facer fronte a custosas melloras e rehabilitacións e aos veciños e veciñas que, tamén, teñen pouco poder adquisitivo para alugar ou mercar un local e /ou vivenda. Buscaranse acordos de alugueiro e cesión temporal a cambio da mellora do predio.
-Creación dun parque público de vivendas sociais en réxime de alugueiro.
Ademais á medida 1, e en aplicación da Lei 2/2016, do Solo de Galicia e da Ordenanza Municipal reguladora do rexistro municipal de solares e edificacións que deben rehabilitarse no Concello de Ferrol, así como de fórmulas como o Programa Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia, tentarase crear un parque público de vivendas sociais (adecuadamente dimensionado ás nosas necesidades) para ser destinado ao alugueiro a prezos alcanzables, ou a liquidar urxencias puntuais para familias en situación de risco de exclusión social.
-Políticas contra a exclusión habitacional.
Avanzar no obxectivo de que non existan en Ferrol desafiuzamentos nin sequera encubertos, poñendo á disposición das familias en risco de exclusión social prazas de emerxencia. Mellorando a coordinación dos distintos axentes implicados e reforzando o equipo nos Servizos Sociais para acompañar socialmente os casos potenciais de exclusión habitacional.
-Programa de Rehabilitación Eco-eficiente Habitacional.
Modificaremos á Ordenanza Fiscal relativa ao IBI, establecendo un IBI diferenciado que permite levar adiante políticas de bonificación e penalización con fins sociais e ecolóxicos. Bonificacións para locais, vivendas e infra-vivendas incluídas no Banco Municipal e/ou que emprendesen procesos de rehabilitación e transición enerxética, e penalización para locais, vivendas e infra-vivendas baleiras.
Ferrol, facilitando a rehabilitación enerxética
-Transición enerxética e rexeneración habitacional.
Creación dun punto administrativo municipal de información para a transición enerxética que leve adiante este concepto e a rexeneración habitacional das vivendas do Concello. As súas intervencións moveranse en varios ámbitos: o acompañamento profesional para a consecución de fondos europeos infrautilizados que actualmente non chegan á cidadanía; a creación dun rexistro municipal / comarcal de empresas con boas prácticas nesta materia; a formalización de UTEs e o uso de recursos compartidos; o apoio á formación profesional e o emprendemento en materia de rexeneración habitacional. Os seus ámbitos de acción máis destacados serán a rehabilitación enerxética, a accesibilidade (con énfase no ascensor nas vivendas de persoas maiores e/ou con disfuncionalidade motora), a instalación de enerxías renovables e o fomento da cultura dos 9 R do Decrecemento (Reducir, Repartir, Restrinxir, Relocalizar, Reparar, Reutilizar, Reverter, Reciclar e Redeseñar)
– “Programa enerxías renovables” da Oficina Ferrol en Transición.
Programa específico deseñado pola Oficina Ferrol en Transición para o fomento do consumo de enerxías renovables a través de axudas e asesoramento enfocados en dúas liñas: a contratación (eléctrica e térmica) de comercializadoras de enerxía renovable certificada e a instalación en teitos de dispositivos de autoxeración.
Este programa incluírá a autonomía da rede eléctrica española dos puntos sensibles a un corte temporal de longa duración das instalacións básicas como son o bombeo de auga potable e augas residuais.
-Programa de autoxeración renovable.
Programa dirixido desde a Oficina de Ferrol en Transición para facilitar a instalación de sistemas distribuídos de autoconsumo que permitan xerar enerxía nos propios edificios, independente da rede, como medida de loita contra a pobreza enerxética.
-Programa social de xustiza e empoderamento enerxético.
Programa desenvolto pola Oficina de Ferrol en Transición xunto cos Servizos Sociais. O seu sentido é complementar as axudas económicas ao pago de subministracións das familias en situación de pobreza enerxética con procesos de empoderamento en cultura enerxética, que a través de cambios de hábitos e de tarifas poden ofrecer ás familias grandes marxes de aforro rompendo coa victimización asistencial e mellorando a súa autoestima cidadá.
Ferrol, cun novo plano municipal de tratamento de Residuos Sólidos Urbáns (RSU)
Pensar globalmente e actuar localmente ten que significar que Ferrol trate os seus propios residuos sólidos urbanos e non que se desfagan dos mesmos mandados fora para queimar ou simplemente soterrar. A nosa proposta é crear unha planta de tratamento, separación, reutilización e reciclaxe dos RSU que contemple medidas para os plásticos, papel, materia orgánica aproveitable (restos de comida), materia orgánica non aproveitable, materiais contaminantes (pilas, electrodomésticos, …) ao igual que fan noutros concellos do Estado.
Facilitar a xestión sustentable de residuos domésticos
-Reforza a implantación do 5º contedor.
Estender a implantación selectiva do 5º contedor (contedor marrón) para a recollida selectiva de materia orgánica que posteriormente será empregada en procesos de alimentación animal e/ou compostaxe.
-Extensión a todas as parroquias da compostaxe domiciliaria.
Ampliación do programa de compostaxe domiciliaria a todas as parroquias rurais do Concello, co fin de sensibilizar sobre boas prácticas de separación de materia orgánica e minimizar o número de impropios no quinto contedor. Ademais dos beneficios directos do programa (acceso a compost de alta calidade), contemplaranse beneficios fiscais no caso de que instancias de goberno superiores obriguen ou permitan modificar taxas de residuos municipais.
Ferrol, apoiando ás familias
Economía familiar
-Programa de seguridade vital garantida.
Asegurar a cobertura normalizadora, respectando os dereitos e a dignidade das persoas, das necesidades básicas a través das seguintes liñas de acción: aumento das axudas económicas de emerxencia; programa de mellora e voluntariado do Banco de Alimentos de Ferrol; garantir o acceso a produtos específicos para bebés (cueiros, leite adaptado); garantir a provisión de pezas de todo tipo e de todas as tallas, especialmente calzado e pezas de abrigo para o inverno e garantir a entrega de produtos de limpeza.
-Programa social da infancia.
Profundar nas medidas destinadas á infancia con énfase nas seguintes: (a) seguir fomentando e incrementando os bancos de libros que os centros docentes destinan ao préstamo de libros de texto ; ( b) axustar os criterios de concesión para as Bolsas de Libros e Material Didáctico en función das obrigacións que adquira na materia nunha futuro a Xunta de Galicia manténdose ou incrementando se fora necesario, en todo caso, a partida orzamentaria destinada a estas axudas que poderá dirixirse a niveis superiores como Bacharelato e/ou estudos universitarios.
-Adaptación dos parques infantís
Remodelar os parques infantís da cidade e do rural á lexislación vixente no referido a homologación dos mesmos. Facer o mantemento para que estes se atopen en todo momento en bo estado de conservación e limpos.
-Axudas médicas ás familias
Crear unha Ordenanza de Emerxencia Social para garantir a asistencia e a axuda municipal ás persoas en grave risco de exclusión social. Está ordenanza deberá contemplar a inclusión de axudas médicas ás familias de Ferrol en materia como: lentes, medicacións crónicas, ortopedia, produtos de apoio, etc. Garantir o acceso a recursos terapéuticos especializados e mellorar as axudas destinadas a atender a familias que sofren sobrecarga ou tensión pola súa situación persoal (sobrecarga da persoa coidadora) ou socio-económica (situación de pobreza e/ou exclusión). Espazos de apoio psicolóxico ás familias, como axuda para afrontar as situacións derivadas das circunstancias na que se atopan, espazos de apoio en pautas de crianza e educativas, espazos de apoio e respiro para familias coidadoras de maiores e de persoas con diversidade funcional, evitando a claudicación ou os malos tratos.
A ordenanza tamén recollerá medidas para o correcto proceder do Concello coa poboación inmigrante garantindo os seus dereitos e procurando a súa inserción social.
A comunidade xitana terá un tratamento específico por ser unha comunidade con características propias que deben ser tratadas especificamente. Unha das accións do Concello será dar a coñecer entre a veciñanza de Ferrol a realidade da comunidade xitana como o mellor xeito de camiñar cara a eliminación de prexuízos con transfundo xenófobo. Os representantes do Concello brindaranse a participar nas actividades lúdicas, culturais e deportivas que organice esta comunidade sempre e cando sexan convidados a tal fin.
A ordenanza para atender a comunidade xitana establecerá:
1. Plan de choque para combater o fracaso escolar, poñendo en marcha desde os poderes públicos medidas de orientación, de apoio e de reforzo educativo adaptadas ás necesidades do alumnado xitano para asegurar que terminan, polo menos, a educación secundaria obrigatoria.
2. Posta en marcha de medidas para reverter a segregación escolar que afecta especificamente ao alumnado xitano, abordando a alta concentración en determinados centros educativos ou clases, con intervencións dirixidas a promover o éxito escolar e garantir a cohesión socioeducativa.
3. Plans de acción para a erradicación do chabolismo e a infravivenda no marco do Plan Estatal de Vivenda, dotados dos recursos necesarios, e aplicando metodoloxías encamiñadas a solucións estables e definitivas, que combinen as medidas de realoxamento con outras de acompañamento e apoio social ás familias durante todo o proceso.
4. Programas de formación e acompañamento cara ao emprego, adaptados aos grupos máis desfavorecidos e afastados do mercado laboral, como a poboación xitana, con medidas específicas para mozas que nin estudan nin traballan.
5. Atención especial á infancia xitana no deseño de medidas políticas ou asignación de recursos para abordar a pobreza infantil. Debido á fenda de desigualdade que afecta á comunidade xitana no seu conxunto. A infancia xitana soporta uns niveis de vulnerabilidade social maiores que a media.
6. Actuacións dirixidas a garantir a igualdade de oportunidades das mulleres xitanas, especialmente daquelas en situación de maior vulnerabilidade, promovendo medidas para o seu desenvolvemento social, persoal e laboral, que sirvan para compensar as desvantaxes e barreiras que sofren na súa dobre condición de mulleres e xitanas.
7. Medidas para loitar contra a discriminación por orixe étnica ou racial, apoiando servizos de asistencia a vítimas da discriminación; desenvolvendo accións de sensibilización para combater a imaxe social negativa da comunidade xitana; impulsando un papel proactivo das fiscalías de delitos de odio e discriminación; e facilitando a formación de axentes clave para garantir unha aplicación efectiva da lexislación en materia de discriminación.
8. Aproveitar a gran oportunidade que ofrecen os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos, e a Prioridade de Investimento específico para a comunidade xitana ( P.I. 9.2) para investir a través dos Programas Operativos rexionais en intervencións en vivenda en contextos desfavorecidos ( FEDER), ou en programas de educación, emprego e igualdade de xénero (FSE).
9. Recoñecemento institucional da comunidade xitana, celebrando o 8 de abril como Día Internacional do Pobo Xitano, e poñendo en valor a súa historia e a súa cultura introducíndoa no currículo escolar.
10. Creación e/ou impulso de plans ou estratexias específicos que, con carácter autonómico e en coherencia coa Estratexia Nacional de Inclusión Social da Poboación Xitana, ofrezan un marco político que garanta a igualdade de oportunidades das persoas xitanas. Poñendo en marcha desde os poderes públicos medidas de orientación, de apoio e de reforzo educativo adaptadas ás necesidades do alumnado xitano para asegurar que terminan, polo menos, a educación secundaria obrigatoria.
Ferrol, feminista
-Plan integral de xustiza de xénero.
Novo instrumento estratéxico que amplía as directrices do plan de igualdade, incluíndo liñas de acción en terreos como o cambio institucional, a economía dos coidados, os dereitos e o urbanismo con perspectiva de xénero. Tamén como a súa dotación orzamentaria.
-Programa municipal de empoderamento feminista.
Programa de apoio municipal ao empoderamento feminista a través do establecemento dun calendario periódico de talleres, charlas, conferencias e cursos que sirvan para reforzar a aprendizaxe cidadá ao redor de cuestións como coidados, masculinidade, diversidade sexual e promover actividades lúdicas desde unha perspectiva feminista.
-Reformular o funcionamento e reforzar o CIM e a Casa da Muller.
A sociedade está cambiando e as mulleres piden cambios que é preciso escoitar e aceitar. Pretendemos reformular o funcionamento do CIM e da Casa da Muller atendendo suxestións e queixas das súas usuarias e ademais reforzar a súa partida orzamentaria. É necesario esforzarse máis en buscar unha sociedade máis xusta e sen discriminacións, nomeadamente a de xénero. Sensibilizar á sociedade ferrolá, especialmente á infancia e a mocidade en condutas non discriminatorias e non patriarcais é o obxectivo. Ferrol ten que aspirar a ser unha sociedade libre de agresións e acoso no ámbito privado e público; sobre todo no referido ás agresións e acoso de carácter sexual , físico e verbal.
Ferrol, apoiando as persoas traballadoras autónomas
A clase traballadora ten un grupo de persoas totalmente esquecidas polo discurso dos partidos da esquerda que din defender aos sectores máis fráxiles e vulnerables: as persoas traballadoras autónomas. Ademais do esquecemento dos partidos da esquerda, está a actitude dos partidos da dereita que os usan como ferramenta para sumar masa social á defensa dos intereses das grandes empresas. A dereita intenta convencer que as súas medidas económicas, pensadas para as grandes empresas, benefician a este sector da clase traballadora. A actitude na entorna sindical non é, tampouco, a desexable xa que os sindicatos tenden a colocar este colectivo do lado da patronal das grandes empresas e en moitas ocasión son usados como chibos expiatorios diante da conflitividade laboral.
Outro grave problema do colectivo das persoas traballadoras autónomas é a existencia de leis e unha administración pensada para as grandes empresas e por iso son moitos os autónomos e autónomas as que perciben as administracións como un inimigo ao seus intereses. Desde LGD pretendemos que está imaxe non se dea coa administración municipal e por iso crearemos a OFICINA MUNICIPAL PARA AS PERSOAS AUTÓNOMAS onde este colectivo poida facer todos os trámites e recibir información de persoas formadas para tal fin. Pretendemos que as persoas traballadoras autónomas atopen un aliado na administración local.
-Espazo de coworking. Viveiro de Empresas Locais.
Nova institución municipal, coa súa propia dotación tanto de espazo como de persoal, que nace co obxectivo de articular o círculo virtuoso entre cambio de modelo produtivo e cambio de modelo de Concello baseado no emprego verde e de proximidade que cumprirá as seguintes funcións: formación profesional en emprego verde e de proximidade; asesoramento para o emprendemento sustentable; incubadora – lanzadeira de empresas vinculadas á economía sustentable, a economía social e de proximidade; execución de políticas públicas eco-sociais; punto de encontro para proxectos de innovación e participación cidadá.
-Hortos veciñais agroecolóxicos
Desenvolvemento dun proxecto de Hortos Veciñais Agroecolóxicos por toda a cidade, orientado a que sexan espazos de convivencia, lecer, transmisión de coñecementos coa posibilidade de profesionalización. Materializarase en chan municipal ou cedidos, instalacións con rexistro sanitario incluído e asesoramento técnico. Os produtos obtidos serán para autoconsumo e se as circunstancias o permiten para as persoas que se profesionalicen. A produción non destinada ao autoconsumo será adquirida polo concello para abastecer comedores socias, e escolares.
-Feiras e mercados.
A nosa aposta pola economía de proximidade e social é un compromiso que forma parte do noso ADN como organización, por iso imos crear, potenciar e reformar ate situacións de dignidade as feiras e mercados en todo o concello de Ferrol.
Impulsaremos non só as feiras e mercados de produtos horto-frutícolas comarcais senón tamén as feiras de segunda man, as de oportunidade, as de obxectos reciclados, …
-Rehabilitación, remodelación, modernización e implantación da oferta turística.
Apostaremos por unha serie de ordenanzas que recollan e definan os conceptos de rehabilitación, remodelación, modernización e implantación da oferta turística., baseadas en criterios de calidade e excelencia, que acheguen valor engadido. Defenderemos un turismo sustentable e cultural que visite Ferrol de forma respectuoso co noso territorio e a nosa cultura.
-Comercio local e cidadanía mediante tarxeta dixital de veciñanza de Ferrol.
Impulsar a creación dunha moeda local con formato de tarxeta dixital cidadá multiusos para o fomento do comercio local coa cooperación das asociacións locais.
Coa participación das asociación locais, procurarase a creación dunha moeda local dixital que servirá para diferentes servizos: (a) programa de incentivos para o consumo responsable e de proximidade; (b) poderá ser utilizada en establecementos que cumpran criterios tales como o comercio local ou o enfoque sustentable da súa actividade; (c) os veciños poderán recibir descontos en actividades municipais (deportivas, culturais, festivas, excursións, etc); (d) incluirá o acceso á instalación municipais (deportivas, culturais, …) e a programas de estímulos ambientais (reciclaxe, compostaxe comunitaria), e e) estudarase a posibilidade de ofrecer o pago de impostos municipais a través dela.
Ferrol, apoiando o emprendemento
con acento social
-Programa de facilitación para a implantación empresarial (licenzas, carencias, etc.)
Programa para a facilitación da implantación empresarial en Ferrol a través da axilización de trámites administrativos e o estudo de paquetes de carencias (vía bonificacións en taxas e impostos) naqueles sectores da economía verde, de proximidade e social que sirvan de revulsivo para o cambio de modelo produtivo.
Consumos responsables e compartidos
-Programa de consumos compartidos.
A economía colaboradora e os consumos compartidos son terreos cun enorme potencial transformador no social e no ecolóxico. Este programa busca localizar e a promoción daqueles sectores nos que a administración pode xogar un papel dinamizador, ben fomentando proxectos de emprendemento relacionados coa economía colaboradora ou ben novos bens comúns que funcionen baixo esta lóxica.
Ferrol, coa túa parroquia e o teu barrio
Garantir a convivencia
-Plano de seguridade e dereitos civís.
Plano que garanta a seguridade cidadá e a boa convivencia veciñal axustando o mesmo ao estrito respecto á lexislación vixente, as ordenanzas municipais e ao pleno exercicio dos dereitos civís de toda a cidadanía, incluída a poboación inmigrante.
Promover a rexeneración do territorio
-Programa Ferrol Rexenera.
Programa de intervención nas parroquias, e nos barrios dinamizado pola Oficina Ferrol en Transición que teña como obxectivo a rexeneración e a correcta humanización en base ao respecto medioambiental do territorio de Ferrol (parroquias e barrios) coa intención de facer o noso municipio máis adaptado a todas as persoas incluídas as que teñen algún tipo de disfuncionalidade motora. O saneamento da Ría será unha prioridade que ten que completarse coa rexeneración integral da Ría, contemplando unha extracción marisqueira compatible coa súa viabilidade e desfrute medio-ambiental.
No Rural pretendemos reducir e limitar a zona forestal adicada á plantación de eucaliptos e piñeiros, realizar campañas de retirada de plantas invasoras de todo o territorio municipal nomeadamente a costa (acantilados e praias). A intención é camiñar cara un Ferrol libre de eucaliptos.
Prohibiremos o uso por parte dos servizos municipais e concesionarias de herbicidas co principio activo glifosato e comezaremos a reorientación paulatina das rúas, parques e xardíns ao concepto de rúas, parques e xardíns adaptados as persoas con disfuncionalidade ao mesmo tempo que lles daremos o enfoque de xeradores de alimentos.
Crearemos bosques de alimentos no territorio municipal.
-Programa solución de puntos negros do trazado urbano
Programa de localización e reforma daquelas zonas do trazado urbano que pola seu deterioro, mal estado, inaccesibilidade, obsolescencia, inseguridade, abandono ou deseño deficiente do actual PXOM poidan ser considerados como puntos negros que dificultan o bo funcionamento.
Implantaremos medidas que establezan a seguinte xerarquía de mais importante a menos, no referido ao Redeseño da cidade e o seu desprazamento polo territorio municipal.
Para persoas con algún tipo de disfuncionalidade.
Para persoas maiores, crianzas e persoas con crianzas.
Para o resto das persoas.
Para persoas desprazándose en bicicleta ou monopatín.
Para o transporte público colectivos
Para o transporte público individual
Para o transporte de mercadorías
Para persoas desprazándose en motocicleta ou moto.
Para o transporte individual e automóbil.
-Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía.
Desenvolver as diferentes etapas previstas no Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía: (a) reducir as emisións de CO2 no noso territorio nun 40% como mínimo ata o 2030, en particular a través da redución de consumos, mellora da eficiencia enerxética e dun maior uso das fontes de enerxía renovables; ( b) aumentar así a resiliencia mediante a adaptación ás repercusións do cambio climático.
Ferrol, coa mobilidade sustentable
-Plan de Implantación de Mobilidade Ecolóxica.
Posta en marcha dun Plan de Mobilidade Sustentable adaptado ás novas directrices que se traspoñen do marco legal da Lei de Transición Enerxética e Cambio Climático. Esta tarefa farase mediante a execución dun Plan de Implantación de Mobilidade Ecolóxica, que en coordinación con outras administracións facilitará a completa adecuación das infraestruturas de Ferrol e os seus servizos municipais ao novo réxime de mobilidade.
Reforzaremos o transporte público de Ferrol facendo mais permeable a comunicación entre a estación de trens e buses e co resto da cidade, os distintos barrios co centro da cidade e estes entre si, entre a cidade e o rural -incluídas as praias- e prestarase unha especial atención a posibilitar o desprazamento en transporte público aos centros de saúde e hospitais, así como as actividades lúdicas, deportivas, culturais, … O transporte público deberá contemplar as necesidades das persoas con disfuncionalidade motora.
Dado que a estación de trens e de autobuses están moi próximas entre si, entendemos que non é preciso construír unha nova estación que integre as dúas. A nosa proposta e facer as obras necesarias para facilitar a permeabilidade de pasaxeiros entre unha e outra estación e sobre todo dotar de servizos de proximidade o ferrocarril e reforzar o servizo de pasaxeiros en autobuses.
-Plan de mobilidade ciclista.
Plan estratéxico para o apoio decidido á cultura da bicicleta no noso territorio, que abarcará dous ámbitos: (i) despregar unha rede de carrís bici e rúas de coexistencia que paulatinamente estea presente en todos os barrios e parroquias e dea servizo ao conxunto do armazón territorial; (ii) cursos de formación e sensibilización cidadá para a convivencia entre bicicleta e tráfico motorizado. (iii) minimizar os riscos de seguridade viaria.
– Ampliación, modernización e mellora do transporte público.
Paquete de medidas de presión fronte a Xunta de Galicia orientadas a defender os intereses de Ferrol na planificación do sistema metropolitano de transportes, apuntando aos seguintes obxectivos prioritarios: ampliación dos horarios e frecuencias de RENFE, nomeadamente na liña Coruña – Ferrol.
Lograr un Ferrol máis saudable
-Control de residuos e verteduras industriais.
Modernización e reforzo do sistema municipal de control de residuos, vertedura industriais e domésticos con vistas a facer cumprir a normativa vixente baixo o principio de “quen contamina ten que deixar de contaminar”.
Ferrol, completa accesibilidade do Concello
-Plan Integral de accesibilidade.
Plan integral para avanzar cara á plena accesibilidade tanto en edificios municipais como no espazo público mediante a localización e supresión de barreiras arquitectónicas así como a instalación de dispositivos que faciliten a autonomía de persoas con diversidade funcional. Continuarase coa creación de percorridos accesibles entre distintos puntos do Concello e procurarase comezar a construír beirarrúas nos núcleos rurais, en primeiro lugar alí onde o ancho das rúas o permita, evitando entón ter que recorrer á expropiación de franxas de terreos.
– Aéreas infantís e bio-saudables accesibles.
Resolver os problemas de accesibilidade nas áreas de xogos infantís e áreas bio-saudables existentes.
Ferrol, fermoso
-Programa de muralismo
Crear un programa de “muralismo e acción poética”, asegurando a presenza de murais en todas as parroquias e barrios, potenciando o talento local e a cultura galega co obxectivo de facer de Ferrol un Concello de referencia na arte urbana.
Deseñar un novo urbanismo sustentable e con perspectiva de xénero
-Revisión eco-social e de xénero do Plan Xeral de Ordenación Urbana
Establecer un marco de ordenación territorial sustentable que acabe coas tendencias urbanísticas baseadas nas burbullas inmobiliarias. Introducir perspectiva de xénero para fomentar unha vivencia da cidade igualitaria e libre de violencia machista.
Planificaremos e articularemos as redes de equipamentos, zonas verdes e espazos públicos mellorando e ampliando de ser posible, estes espazos públicos humanizándoos con criterios de micro-urbanismo.
Ferrol, coa educación
Educación infantil pública, gratuíta e universal
-Ampliación das bolsas para a escolarización en escolas municipais.
Priorizar a atención á primeira infancia, garantindo a posibilidade de acceso ás escolas infantís con prioridade das familias monoparentais. As medidas tendentes a reforzar as escolas infantís non pode discriminar as familias que decidan realizar unha crianza con apego e por iso se establecerán medidas de apoio a estas. Para todo isto vai ser necesario reforzar e ampliar a partida orzamentaria de axudas ás familias. Posibilitar a creación de espazos de conciliación, tamén en horario de tarde, así como mellorar os prazos e accesibilidade ás bolsas de comedor.
Que ningún estudante quede atrás
-Programa de apoio educativo.
Desenvolver un Plan de Infancia e Adolescencia para coñecer a situación de nenos, nenas e adolescentes do municipio e dispoñer dunha ferramenta práctica que permita ás Concellerías implicadas (Educación, Servizos Sociais, Mocidade, etc.) poñer en marcha de forma planificada distintas medidas de acción. De modo especial, centrar esforzos preventivos en apoiar aos nenos/ as e mozas/os en idade escolar nos seus problemas educativos antes de que estes se agraven e se produzan dificultades na relación familiar e no seu desenvolvemento persoal.
– Escola de Segunda Oportunidade.
Creación da Escola de Segunda Oportunidade que facilite a mozas e mozos de 15 a 29 anos, sen emprego e/ou formación, un modelo pedagóxico orixinal baseado nunha formación innovadora a través de itinerarios personalizados, un reforzo en competencias básicas e laborais, experiencias prácticas vinculandas co mundo laboral, apoio en demandas sociais e cunha especial atención aos máis vulnerables.
Fomentar a reforma pedagóxica
Subvencións de innovación educativa.
Crear unha partida orzamentaria de Subvencións de Innovación Educativa que permitan o desenvolvemento de iniciativas nos centros educativos encamiñadas á mellora da práctica docente e da educación dos nosos nenos e nenas en base a valores e obxectivos como o respecto e coidado do medio ambiente, a igualdade de xénero, a mellora da convivencia escolar, a prevención do acoso ou o embelecemento e renovación dos espazos escolares.
-Creación de foros periódicos de renovación pedagóxica.
Construír espazos de diálogo e debate dirixidos a todos os membros da Comunidade Educativa interesados pola Escola Pública a través de foros periódicos de reflexión pedagóxica: profesorado, alumnado, estudantes, familias, profesionais da educación social e calquera persoa vinculada ao mundo educativo que aposte por un modelo de educación pública inclusiva, innovadora e emancipadora.
-Colexios sustentables/ Eco-escolas
-Camiños escolares seguros.
Proxecto encamiñado ao fomento da autonomía das nenas e nenos nos desprazamentos escolares, convertendo as rutas máis frecuentadas en itinerarios seguros, con prioridade de uso infantil -xuvenil acompañado de toda unha batería de medidas que reforcen dita seguridade.
-Comedores ecolóxicos en escolas infantís
Acordar coas ANPAS dos colexios a implantación de comedores ecolóxicos a través de dúas novas variables alimentarias: a) especificar a inclusión dunha porcentaxe mínima obrigatoria de produto ecolóxico de proximidade e deseño de menús de temporada; ( b) introdución de produtos de acuicultura sustentable da Ría, redución de envases-embalaxes e reciclaxe das sobras.
– Programa 50-50 nos nosos centros educativos.
Adherirse ao Programa Europeo 50-50 de aforro e eficiencia enerxética participativa.
– Horto e compostaxe escolar.
Posta en marcha, nos centros escolares, de programas de horto e compostaxe escolar.
– Parking de bicicletas no colexio.
Instalación de aparcadoiros de bicicletas nos centros educativos para fomentar desprazamentos escolares sustentables.
Aulas libres de violencia machista
-Programa de sensibilización
Previr a violencia de xénero nas aulas con ferramentas dirixidas a sensibilizar á mocidade de Ferrol e á construción de relacións baseadas no bo trato. Fomentar o coñecemento da diversidade sexual como método de erradicación da discriminación por orientación sexual.
– Igualdade de xénero no currículo escolar.
Acordo a través de convenio con algunha entidade da sociedade civil que teña entre os seus obxectivos a introdución dun currículo feminista integral nos centros educativos de primaria e secundaria e cuxa proposta sexa concordante á liña trazada polo Plan Municipal de Igualdade e NON Discriminación a redactar.
Colexio como espazo de conciliación familiar e articulación comunitaria
-Programa de apoio ás actividades extraescolares.
En consenso coas ANPAS dos nosos Centros Educativos deseñaremos un programa que reconsiderará os criterios e as formas de adxudicar subvencións no Plan de Actividades Extraescolares xestionado polas ANPAS, coa finalidade de que estas se convertan en espazos dinamizadores dos centros, os barrios e as parroquias.
– Programa de campamentos infantís municipais.
Garantir o acceso das nenas e nenos a campamentos e recursos educativos para os días sen colexio e en período vacacional, fomentando e promovendo servizos educativos, de lecer e tempo libre e, ao mesmo tempo, de conciliación laboral e familiar: campamentos, programas de lecer saudable en centros educativos durante as fins de semana, etc., atendendo á obrigada inclusión educativa e ao alumnado con necesidades educativas especiais.
-Portugués segundo idioma estrangeiro.
Impulsionar entre os alunos, pais e professores para que nos centros educativos o Portugués seja a opção principal como segundo idioma estrangeiro nos centros educativos da cidade. Ter uma juventude competente em espanhol e em galego-portugués situará a futura sociedade da Galiza (tambºem de Ferrol) como uma sociedade capaz de se comunicar de forma fluida com mais de 700.000.000 milhôes de pessoas espalhadas pelo planeta.
Unha educación á altura de Ferrol
Reclamar fondos á Xunta de Galicia
Manter implicación na reivindicación á Xunta de Galicia en canto ás reformas e melloras que necesitan o centro educativos do noso Concello.
Ferrol, e o bo vivir
Novo modelo de festas
Faise preciso abrir o acceso a novos actores para a participación e realización das distintas festas parroquiais de Ferrol.
Abrir o acceso a novos actores, sobre todo locais e, tamén, abrir a participación e organización das festas parroquiais de Ferrol (asociacións culturais, xuvenís, ecoloxistas, clubs deportivos…) mediante un modelo menos restritivo e máis permeable, que sirva para que as festas sexan un reflexo real e equilibrado do tecido asociativo.
-Festas sustentables.
Adoptar un protocolo de sustentabilidade para a celebración das festas patronais e outros eventos masivos organizados polo Concello e recomendalo ás Asociacións e outras entidades organizadoras. Este protocolo debe contemplar polo menos as seguintes liñas de actuación: (a) sistema SDDR de envases ligado a unha campaña de concienciación; (b) uso de materiais reciclados e de baixo impacto ambiental; (c) uso de elementos reutilizables; (d) alimentación de tempada, local e ecolóxico; (e) favorecer o uso do transporte público; (f) compensar as emisións producidas mediante campañas de forestación a realizar polas asociacións participantes nas festas.
Ferrol, comunidade coidadora
-Ferrol a sociedade onde todos coidamos de todos (os homes, tamén).
Unha sociedade plena é aquela que se preocupa por todos os seus integrantes prestando especial atención ás persoas con dificultades e en risco de exclusión social.
Unha vez que as persoas temos cubertas as necesidades básicas para a VIDA -alimentación, vivenda, roupa, educación, aceso á cultura e á sanidade – o obxectivo que debe guiar a nosa conduta é a de procurar a FELICIDADE. Falar da FELICIDADE das persoas en política sona raro mais é preciso introducir este termo no debate político e nos obxectivos das administracións pois o modelo social existente xera moita infelicidade cando non angustia e depresión. Chega con dicir que o principal gasto farmacéutico da seguridade social vaise en pagar antidepresivos.
As persoas somos animais sociais e polo tanto é necesario prestar atención ás relacións sociais e comunitarias para alcanzar a plenitude como persoas, mais a nosa sociabilidade -ao contrario doutros animais- é reflexiva e non instintiva. Tendemos a mudar o modelo de sociabilidade dependendo dos recursos onde vivimos, do debate sobre o que é e debería ser. Por desgraza, tamén, mudamos a nosa sociabilidade por incidencia da publicidade que tende a transmitir que a felicidade é alcanzable por medio do consumo.
En LGD entendemos que é preciso camiñar cara sociedades máis comunitarias e máis preocupadas polos coidados mutuos. Estes coidados mutuos deben empezar no ámbito familiar e estenderse ao conxunto da sociedade como conduta desexable. A familia que defendemos desde o DECRECEMENTO está moi afastada da familia patriarcal que impón valores e condutas de submisión baseadas no dominio. O noso modelo familiar basease no dialogo entre os membros da familia e o escrúpulos respecto as características da personalidade de todos os seus membros. A Familia ten que ser, segundo nós, o entorno de maior seguridade para os individuos que a compoñen e debe constituír a entorna de confort dos seus membros cunha clara vocación aos coidados mutuos. Estes valores deben estenderse ao conxunto da sociedade.
O noso obxectivo e formar a sociedade nos valores do DECRECEMENTO e para ilo fomentaremos o debate con charlas, conferencias, ciclos de cinema, etc.
-Ferrol E-Coida
Plataforma dixital para impulsar a economía dos coidados en Ferrol, tanto desde unha lóxica da reciprocidade (cun sistema de banco de tempo municipal para coidados) como desde a economía social (apoio á creación de cooperativas e empresas centradas na economía do coidado).
-Ludotecas municipais de conciliación.
Creación de espazos de conciliación gratuítos, máis aló das actividades escolares das ANPAS, para que os proxenitores poidan asistir a cursos de formación, desenvolver procura activa de emprego, ou atender urxencias familiares e persoais. Creación dunha Ludoteca de calidade nas dependencias do acuartelamento do Sánchez Aguilera.
-Campañas de sensibilización contra o maltrato animal.
Desde LGD entendemos que unha sociedade coidadora ten que ser respectuosa cos animais e por iso queremos sensibilizar á sociedade contra o maltrato animal mediante campañas específicas. Tamén crearemos entornas (praias, fontes, …) pensadas para os animais habituais das entornas urbanos non só os cans.
Ferrol, coa cultura de quilómetro 0
-Nova programación cultural.
Afondar no cambio da programación cultural do noso Concello, incrementando o número de eventos, intensificando a súa calidade e abríndose a novos terreos. Sobre todo coa idea de ampliar e intensificar a participación de artistas locais e facendo especial fincapé no idioma e cultura propias de Galicia, fuxindo do concepto de cultura elitista no económico e nos contidos que marcou a lexislatura que remata.
-Ferrol Musical
Este programa contará con dúas liñas de intervención: (a) creación dunha escola de música e baile tradicional non regrada que permita un itinerario de aprendizaxe e experimentación musical en colaboración co conservatorio de música; (b) apoio ás escenas musicais locais mediante o acceso a locais de ensaio e espazos de actuación nas celebracións públicas.
-Ampliación horario de bibliotecas
Ampliación e reforzamento do material e do horario das bibliotecas municipais en xeral, e en particular no período de exames. Creación de aulas de estudo en bibliotecas municipais en horarios de tarde-noite.
Ferrol, co deporte quilómetro 0
– Apoio ao deporte non competitivo
Unha sociedade non competitiva e colaboradora ten que entender o deporte como un acto de socialización saudable e de compañeirismo lúdico; fuxindo da visión competitiva do deporte de élite. Así será a nosa aposta polo deporte de base onde o importante sexa participar e non competir e gañar.
– Creación dun ente municipal para a coordinación das actividades deportivas nas instalacións do Concello.
Procurarase a creación dun ente municipal de deportes no que poderán participar voluntariamente aquelas asociacións deportivas do Concello que o consideren oportuno, como forma de regular e organizar adecuadamente todas as actividades levadas a cabo en instalacións deportivas que posúe o Concello así como tamén coordinar a programación existente en materia deportiva que levan adiante as asociacións.
Ferrol, coas persoas maiores
-Programa Ferrol Coida dos seus Maiores.
Redactar e desenvolver o proxecto “Ferrol coida dos seus maiores e dependentes”, a través de accións transversais (deportes, lecer, cultura, transporte e mobilidade, mobiliario urbano, etc.), que melloren a súa calidade de vida e o gozar do espazo público. Énfase en programas de apoio para o mantemento no domicilio, o maior tempo posible, daquelas persoas que o requiran: tramitación de axudas para adaptacións da vivenda e para produtos de apoio; programas de terapia ocupacional domiciliaria; colaboración con entidades especializadas para combater a soidade non desexada; reforzo de servizos específicos como axuda a domicilio, teleasistencia e comida a domicilio que complementen os do SAD.
-Programa de rescate da memoria cultural dos nosos avós.
Impulsar un programa da memoria colectiva das persoas maiores baixo o nome “Ferrol na memoria”, cun programa de rescate de saberes tradicionais e memoria cultural, a través dunha intervención socio-comunitaria profesional, que interveña en varios niveis simultaneamente: facilite o encontro interxeracional, contribúa á restitución social do papel dos nosos maiores, fomentan a igualdade de xénero e mellore a nosa capacitación eco-social colectiva.
Ferrol, coa mocidade
-Skate Park
Instalar varios skate park en distintos puntos da cidade e do rural de Ferrol
-Centro XOVE
Dar vida á Casa da Xuventude de Ferrol, dotándoa do persoal necesario e orzamento para que as asociacións da mocidade de Ferrol poidan debater e decidir as actividades que queren que se realicen por e para eles/as. Destinar unha parte do orzamento municipal a súa xestión directa por parte da mocidade.
-Programa de apoio ao asociacionismo novo informal.
Programa que busca o fomento do asociacionismo novo non convencional en todas as súas formas. Para iso debe promover medidas como: (a) a flexibilización e desburocratización do rexistro municipal de asociacións coa aprobación dunha ordenanza de auto-xestión veciñal nesta lexislatura, (b) un programa de alugueiro asociativo en locais baleiros do Concello e con axudas para o alugueiro asociativo a través de bonificacións o IBI; (c) liñas de subvencións competitivas de carácter innovador e equitativas no reparto.
Ferrol, coa Saúde
-Estratexia municipal de alimentación saudable.
Programa de promoción das formas de consumo agroecolóxico e saudable a través de ciclos de charlas e talleres onde se expliquen as vantaxes do consumo agroecolóxico e de proximidade para desenvolver unha cultura gastronómica máis sa.
Ferrol, cos bens comúns e innovadores
-Espazo municipal de cousotecas
Creación dun espazo municipal de cousotecas públicas: espazo onde os cidadáns de Ferrol poderán acceder a un servizo de préstamo temporal de obxectos co obxectivo de reducir os impactos de consumo. Esta cousoteca pode incluír moitos ámbitos de consumo puntual como equipamento médico-sanitario, ferramentas ou utensilios deportivos.
-Recuperación e posta en valor dos bens comúns.
Recuperar todos os bens comúns que ten o concello abandonados para que presten servizo ao conxunto da veciñanza a custe cero para con eles: fontes, lavadoiros, cruceiros, muíños, terreos e espazos de uso colectivo.
-Taller municipal “Faino ti mesmo”.
Creación dun taller polivalente para fomentar o movemento “faino ti mesmo” e que dispoña de ferramentas e medios de produción públicos, para que a cidadanía poida utilizar eses instrumentos nos seus respectivos procesos de autoproducción.
– Hacklab municipal.
Espazo municipal dinamizado profesionalmente que sirva como punto de encontro, socialización, aprendizaxe e creación común entre persoas interesadas na informática, a programación e as novas tecnoloxías dixitais. Este espazo debe enfocarse desde unha óptica altamente participativa, máis como un taller que como unha escola, e permitir o desenvolvemento da libre creatividade e a autoxestión de proxectos emerxentes.
Ferrol, concello diverso e acolledor
– Programa de apoio á diversidade funcional.
Programa de apoio municipal nos máis diversos ámbitos para impulsar que as persoas con diversidade funcional poidan levar unha vida o máis autónoma posible.
-Política de cooperación.
Aumentar na medida do posible as partidas nos orzamentos municipais que se veñen destinando á Cooperación e Solidariedade con diversas entidades de ben público, asegurando o impacto real dos recursos nas comunidades receptoras.
Ferrol, Concello en transición ecolóxica
-Programa municipal “Vivir Ben con menos”.
Programa transversal que implicará a numerosas áreas do Concello (cultura, festexos, maiores, mocidade, igualdade, deportes) e que marcará toda unha serie de pautas para a programación de actividades municipais con criterios eco-sociais de redución dos consumos e os impactos ambientais. Baixo este programa a selección de actividades municipais establecerase baixo directrices como o fomento da creatividade e o talento local, o respecto polo medio ambiente, a descentralización, o fomento da capacidade de encontro e/ou o encantamento da vida cotiá.
-Plan de alfabetización eco-social.
Plan para o deseño e posterior implantación dunha política de alfabetización eco-social sistemática e sostida no tempo sobre os grandes temas da crise eco-social (cambio climático, declive enerxético) e os R-Decrecemento, contemplando cuestións como un programa anual de eventos eco-sociais, con énfase na divulgación científica, campañas de sensibilización ou instrumentos comunicativos específicos.
– Subvencións para a innovación eco-social.
Creación dunha liña específica de subvencións ambientais e eco-sociais enfocada a promover a transición eco-social, para que a sociedade civil máis dinámica promova proxectos innovadores.
Ferrol, o teu concello
Modernización administrativa
– Implantación do expediente dixital.
Implantación do expediente dixital no conxunto do Concello como proceso que permitirá unha notable axilización do procedemento administrativo en todas as súas dimensións.
– Trámites online
Crear un portal on line de entrega de documentación que funcione mediante clave ou coa firma dixital proporcionada pola Fábrica da Moeda e Timbre. Dar prioridade a web municipal para que cumpra e destaque fundamentalmente estes dous fins.
Ferrol, no século XXI
– Observatorio municipal
Posta en marcha do Observatorio municipal, encargado de realizar unha diagnose permanente do municipio, a análise dos datos, a identificación actualizada das principais necesidades e problemas da poboación, e a exposición dos resultados a través do programa open data municipal.
– Open data municipal
Establecemento dun corpo estatístico municipal, en permanente actualización e con acceso aberto por parte da cidadanía, que agrupe os datos máis relevantes do Concello e os seus respectivos indicadores nunha plataforma web intuitiva e de fácil manexo.
Ferrol, co seu rural
O rural de Ferrol é o gran esquecido e desde LGD entendemos que isto ten que cambiar. Somos coñecedores das dinámicas rurais e sabemos que o rural de Ferrol ten unhas características propias que deben ser atendidas. Entendemos que as parroquias do rural deben ter unha concellaría específica dotada de persoal e mecanismos que permitan atender os seus problemas de xeito áxil e efectivo.
-Creación da concellería de Servizos ás Parroquias rurais que terá entre outras medidas a función de aplicar as medidas deste programa de xeito acaido á realidade social, cultural e económica das parroquias rurais.
-Creación da Coordinadora de parroquias.
A Coordinadora de parroquias do rural de Ferrol, será un ente elixido democraticamente entre toda a veciñanza das parroquias do rural para a súa dinamización, análise de problemas e elevación de propostas ao Concello co fin de dotar ao rural de elementos propios e democráticos para a resolución dos seus problemas específicos. Estará presidida polo concelleiro/a encargado da Concellaría de Servizo ás Parroquias Rurais.
-Elección de xeito democrático en cada parroquia do rural do Consello de Parroquia que se encargara de velar polos intereses colectivos da veciñanza da parroquia.
-Apertura de puntos municipais de información e trámites administrativos nas parroquias do rural varios días a semana.
-Incrementar a dotación de axudas as ONG que realicen actividades no rural.
-Fomentar as actividades agro-gandeiras ecolóxicas, transformación de produtos agrícolas, forestais e actividades artesanais varias sempre e cando sexan compatibles co modo de vida rural e procurando a ausencia de contaminantes aéreos, acústicos, augas, …
-Prestar máis atención ao bo mantemento dos camiños, estradas e pistas no tocante ao seu firme, cunetas e balados. Dotar os núcleos rurais de beirarrúas.
-Incrementar as actividades culturais, deportivas e sociais organizadas polo concello nas parroquias rurais.
-Fomentar a deseucaliptacización voluntaria do territorio.
Ferrol, Concello de proximidade
Facilitar o achegamento da xestión ás necesidades da cidadanía, reforzando maneiras conxuntas de facer e de avaliar, relacionando os problemas sociais e os servizos municipais, contribuíndo á mellora da actuación municipal, tanto a nivel de eficiencia como de eficacia. Poñeremos especial interese no relativo a obras e mantemento e a relación co tecido asociativo das parroquias, como forma de recibir información constante da xestión diaria. Dentro desta medida contémplase a creación dos “Consellos de Parroquiais elixidos democraticamente”. Os representantes dos “Consellos Parroquiais” conformaran a Coordinadora de parroquias do rural de Ferrol.
– Redución de prazos de resposta.
Programa para garantir a redución do prazo de resposta municipal aos requirimentos cidadáns.
– “Ferrol Informa” estendida a todos os servizos municipais.
Posta en funcionamento dun app municipal co obxecto de informar e recibir información de toda a veciñanza.
Poñerase especial interese en facilitar información sobre a programación de actividades culturais, deportivas, festexos en todo o territorio do concello incluído o rural e os barrios.
– Programa :“O teu Concelleiro Informa”.
Incorporar á axenda municipal de modo permanente xornadas dixitais e presenciais de diálogo cos cargos electos.
– Punto único de información veciñal.
Unificar as estruturas de información descentralizadas das diferentes concellerías nun punto único de información veciñal que axilice trámites e libere recursos laborais para optimizar outras tarefas administrativas.
Ferrol, remunicipalizado e co emprego público
– Programa de remunicipalización de servizos.
En función das posibilidades dadas polo marco legal, e o estudo pertinente de custo e eficiencia segundo as características do caso, avanzar cara á REMUNICIPALIZACION dos servizos municipais que hoxe prestan concesionarias privadas.
– Consolidación do emprego público de calidade.
Re-dimensionamento, estabilización e consolidación do persoal municipal a través da modificación da Relación de Postos de Traballo. Adaptar a RTP á realidade de funcionamento e novas posibilidades económicas – financeiras do Concello. Tamén deberá aprobarse un novo convenio laboral pactando o mesmo cos representantes sindicais dos funcionarios e traballadores do concello.
Modernización do persoal
-Plan de modernización do persoal.
Co obxectivo de que o persoal municipal sempre estea preparada para afrontar novos retos, adecuar, nun permanente proceso de mellora, os perfís profesionais ás novas necesidades e cualificacións, incorporando tamén traballadoras e traballadores con novos perfís. Este plan desenvolverá un programa de formación específico nos retos de transición eco-social e a equidade de xénero.
– Optimización dos recursos humanos.
Optimización dos recursos humanos municipais en base a dúas ferramentas: (a) un estudo da distribución do persoal e os seus fluxos de traballo, optimización dos recursos humanos redimensionando os departamentos, reorganizando as xerarquías disfuncionais e depurando aqueles elementos minoritarios e irresponsables que exercen bloqueos que afectan o conxunto do servizo público do Concello; (b) a creación de grupos de mellora dos procesos e das actividades municipais formados por persoal da administración, entidades asociativas e usuarios.
– Incremento da produtividade.
Mellorar o incremento da produtividade da función pública mediante a potenciación da carreira profesional a través de sistemas de promoción horizontais e verticais que sexan xustos e transparentes e estean baseados no mérito e a capacidade. Facilitar ademais, como segundo elemento do incremento da produtividade, de mecanismos que permitan expresar, desenvolver e integrar a creatividade dos traballadores municipais.
– Procesos selectivos transparentes en base a mérito, igualdade, capacidade e libre concorrencia.
Xerar estabilidade no emprego público, reducindo progresivamente as taxas de temporalidade e consolidando os postos desde procesos selectivos baseados nos principios de igualdade, mérito e capacidade, así como publicidade, evitando o clientelismo e a creación de administracións paralelas.
– Modernización da prevención de riscos laborais.
Modernización da prevención de riscos laborais, potenciando a súa integración transversal en todos os niveis da administración.
– Diálogo permanente coa representación sindical.
Diálogo permanente coa representación sindical que debe materializarse nunha negociación colectiva de contidos transversal que se integre en todos os plans do Concello.
– Política de persoal con perspectiva de xénero.
Política de prevención de riscos laborais que incorpore protocolos fronte ao acoso laboral e/ou sexual.
Ferrol, concello sustentable
– Medida Redución consumos enerxéticos
A mellor maneira de loitar contra a mudanza climática e aplicando o R (Decrecentista) de Redución dos consumos enerxéticos. Deseñaremos, impulsaremos e aplicaremos un plan de redución, durante está lexislatura, nun 20% dos consumos enerxéticos globais do Concello.
– Consumo eléctrico municipal 100% renovable.
Asegurar, na medida que o permitan os compromisos contractuais vixentes a orixe 100% renovable en todos os contratos de subministración enerxéticos do Concello. Isto pódese lograr mediante unha licitación de subministracións que inclúa a certificación renovable do uso da enerxía ou ben convertendo ao Concello en comprador directo de enerxía eléctrica. Utilizar biocombustibles, existentes no mercado, nos vehículos municipais.
– Autoxeración renovable en edificios municipais.
Desenvolver un programa de instalación e posta en marcha de sistemas de autoxeración de enerxía renovable en edificios municipais (placas solares fotovoltaicas e quentadores de auga mediante enerxía solar térmica) que sirva (a) como instalacións exemplarizantes que axuden a diseminar esta tecnoloxía entre a veciñanza a través dun programa de promoción e visitas guiadas e (b) para impulsar a demanda de instalación e mantemento de sistemas de enerxías renovables, abrindo un campo de concorrencia e mercado potencial para as pemes locais. Este plano empezara por dotar de autonomía de funcionamento as instalacións municipais sensibles aos cortes temporais (bombeos de auga potable augas residuais) e/ou de longa duración da rede eléctrica.
– Frota municipal de cero emisións.
Substitución progresiva do total da frota de vehículos municipais por vehículos de baixas emisións de carbono (híbridos, eléctricos) naqueles servizos onde non supoña un menoscabo ás prestacións que deben desenvolver. O programa incluirá a instalación dunha rede de puntos de recarga municipal que dea cobertura ás necesidades da frota.
Ferrol, coa fiscalidade verde
– Programa de fiscalidade verde.
Política fiscal municipal desde unha óptica verde, buscando incentivar prácticas innovadoras eco-socialmente interesantes e, simultaneamente, interiorizar externalidades de mercado entre os axentes económicos que as provocan, baixo o principio de “quen contamina deixa de contaminar”. Este plan incluirá a modificación eco-social dos seguintes impostos: IBI, imposto a vehículos de tracción mecánica, Imposto sobre o Incremento do Valor de Terreo de Natureza Urbana., construción e instalación de obras, IAE, na medida que o permita a lexislación autonómica e estatal.
Ferrol, coa participación cidadá
– Ordenanzas
Creación dunha ordenanza de colaboración público – social que fomente a colaboración entre o Concello e o noso tecido asociativo, para o fomento da cultura, o deporte, actividades formativas, etc.
– Ordenanza municipal para o fomento e regulación da auto-xestión veciñal das instalacións e espazos municipais.
– Novo rexistro de entidades aberto a asociacións informais.
Crear a figura de Entidade Cidadá para dar cabida a movementos veciñais que non formalizasen a súa actividade no marco de acción da política municipal, se o marco legal existente o permite.
Permitir o uso de locais municipais a custe cero a todo tipo de asociacións e veciños aínda que non estean incluídos no rexistro municipal de asociacións municipais sempre e cando a actividade non supoña un desenvolso para o concello de Ferrol.
– Plenos veciñais.
Establecemento de plenos veciñais para que a cidadanía poida expor propostas, dúbidas, suxestións a responder ou resolver polos seus representantes públicos. Retransmitir en directo pola web do Concello os plenos municipais
– Posta en marcha de orzamentos participativos.
Posta en marcha de orzamentos participativos, cun procedemento que os faga áxiles e susceptibles á opinión da cidadanía que non canaliza as súas demandas a través do tecido asociativo formal.
– Punto de información para o asesoramento participativo.
Creación dun punto de información para o asesoramento participativo do tecido asociativo con función de asesoría, centro de formación, fomento do voluntariado e banco de recursos municipais, dotándoo dun equipo profesional de dinamización participativa.
– Nova política de comunicación pública municipal.
Cambio na política de comunicación municipal mediante a creación dunha radio e xornal dixital na que participe o tecido asociativo do concello. Apoiar os medios de comunicación alternativos e non profesionais.
LiGanDo, coas propostas da veciñanza
Este apartado vai estar aberto a novas incorporacións durante toda a lexislatura.
Durante a nosa precampaña dirixímonos aos distintos axentes e asociacións do concello así como a veciñanza en xeral que nos fixeron chegar as súas ideas e propostas.
Recollemos aquí as que consideramos máis acaídas á nosa ideoloxía e que consideramos poden ser incorporadas ao noso programa, que son a inmensa maioría das que nos achegaron.
Propostas feitas pola veciñanza de Ferrol:
Ferrol com Carvalho Calero
-Difundir e dar a conhecer o legado de Ricardo Carvalho Calero.
– Fomentar o reintegracionismo social como a melhor maneira de colocar ao galego como um idioma mundial com perto de 250.000.000 de pessoas que o usam por todo o mundo.
– Irmanamento da cidade de Ferrol com a cidade de Porto.
– Fomentar e subvencionar viagens fim de curso a Portugal.
– Fomentar a escolha do Portugués como o segundo idioma extrangeiro no sistema educativo.
– AVV. Santa Mariña do Vilar
Nesta reunión naceu a proposta da Oficina Municipal de Limpeza e Conservación. A demanda de mais limpeza e mellor mantemento da cidade e o rural e unha constante demanda de todas as asociacións:
-Limpeza e conservación do barrio (camiños, beirarrúas, puntos de luz, deficiencias no pavillón deportivo…).
-Seguridade viaria.
-Carril-bici e estación de bicis no barrio
-Plan de mobilidade no barrio (adaptación do local da propia asociación de veciños por ter aínda barreiras arquitectónicas que dificultan moito o acceso ás persoas con problemas de mobilidade).
-Muro de contención paralelo á vía do tren.
-Necesidade de zonas verdes e lugares de encontro da veciñanza.
-Potenciar os xogos tradicionais (o barrio conta cun campionato de chave).
-Ecohortos comunitarios con composteiros asociados e conectados cos centros de ensino e coas asociacións de base (veciñais, culturais, de mulleres…).
Propostas saídas da reunión coa AVV de San Xoán-Bertón
As demandas principais da veciñanza centráronse en:
-Demanda dun Centro de Saúde para o barrio pola dificultade de acceso a outros centros de saúde, sobre todo para as persoas maiores ou aquelas con problemas de mobilidade. (Propoñen o antigo local de Madeiras Fernández).
-Demanda de transporte público de calidade e a un prezo asequible.
-Demanda dun local social con capacidade suficiente para responder á alta participación en actividades culturais e sociais. Propoñen o edificio do cuartel da Policía Local como local social, xa que esta se traslada á FIMO.
-Demanda de parques infantís ben dotados e coidados e máis zonas verdes así como tamén de dotacións deportivas (teñen o campo de fútbol pechado en mans da chamada banca mala).
-Demandan que o concello solicite o acceso aos circuitos culturais da Deputación.
-Limpeza e conservación do barrio.
-Demanda dun reparto equitativo por barrios dos orzamentos municipais e descentralización da cultura.
AVV. De Canido
No barrio de Canido desenvolveremos coa veciñanza unha experiencia-piloto:
CANIDO, BARRIO PILOTO ECO-CULTURAL E COMUNITARIO, coa intención de ir levandoo a cabo progresivamente nos demais barrios de Ferrol cidade e do rural.
Escollemos Canido pola súa situación, pola súa arquitectura e dinamismo sociocultural e por ser o barrio máis xove da cidade.
-Plano para reducir o consumo enerxético público e particular para combater as emisións de CO2 como freo á mudanza climática, acordado coas veciñas e veciños.
-Campañas de información e sensibilización animando ás persoas a reducir o consumo de enerxías fósiles, unindoo a un plan de mobilidade sostible (transporte público de calidade, mellora das vías peonís, de bici, tren…)
-Implantación progresiva dos 9 R do Decrecemento no día a día do barrio (Reducir, Repartir, Restrinxir, Relocalizar, Reparar, Reutilizar, Reverter, Reciclar e Redeseñar).
-Reforzar a implantación do 5o. Contedor (contedor marrón) para a recollida selectiva de materia orgánica para procesos de alimentación animal e/ou compostaxe. Compostaxe domiciliaria.
-Creación, en réxime de autoxestión, de parcelas agro-ecolóxicas municipais como zonas de ocio, autoabastecemento e transmisión de coñecementos creando resiliencia e lazos interxeracionais.
-Darlles aos parques, xardíns e rúas de Canido un enfoque de utilidade para as persoas compaxinando o concepto de espazos habitabeis co de Biodiversidade, contra a mudanza climática. (Xardín sensoriais, plantación colectiva de árbores autóctonas incluído un souto para celebrar o Samain…)
-Gran Pulmón Cultural no acuartelamento Sánchez Aguilera. Un gran parque para a cidade nun lugar privilexiado onde crearíamos unha ludoteca de calidade referente en Galiza, unha Residencia Estudantil e a ampliación das instalacións do Museo da SGHN.
-Plan de Dinamización Sociocultural de barrio cunha pedagoxía social que promova a autoxestión comunitaria centrada na creación e non tanto no consumo cultural. Concello como facilitador de espazos, recursos e profesionais e potenciador da capacidade creativa da veciñanza.
-Programa de Acción Poética como continuidade ao movemento das Meninas e os Maios. Un programa que potencie a expresión literaria colectiva ligándoa coa tradición de cantar os maios e o embelecemento cultural e estético do barrio xunto ao valor emocional e reivindicativo.
-Programa de Actividades de Axuda Mutua para a concienciación do Común (limpeza, conservación, lecer, humanización, creatividade, historia e memoria…)
-Creación de un Anfiteatro como lugar de encontro sobre todo dos adolescentes e mocidade. Un espazo público de expresión cultural vangardista (pintura, teatro, música, literatura…).
-Programa Meniñas contra as agresións para potenciar a igualdade e a non-discriminación dirixidas principalmente a nenas e nenos e xoves, cun programa específico para todos os xéneros contra as agresións sexuais verbais e físicas. (Xogos cooperativos, de roles, de simulación, de confianza…técnicas de comunicación e relaxación, Forums…). Dentro dun Plan integral de xustiza de xénero.
-Programa Canido un barrio seguro que implicará á veciñanza nos valores dos coidados mutuos, principalmente da infancia e das persoas maiores ou con problemas de mobilidade, integración…
-Programas de atención á diversidade cultural que incluirá a atención especial á Comunidade Xitana e aquelas outras comunidades que conviven connosco que faciliten a integración e o coñecemento mutuo e políticas preventivas contra a intolerancia e a xenofobia.
-Banco Municipal de locais, vivendas e infra-vivendas abandonadas para facilitar o encontro e acordos mutuamente beneficiosos entre arrendatarios e inquilinos que dinamizará o mercado de aluger.
-Programas de Economía Colaborativa.
AVV Ensanche A.
-Limpeza e mantemento de rúas, prazas e parques. Problemas do firme nas estradas.
-Solución aos problemas constantes do Centro Cultural Carvalho Calero que ten o salón de actos e biblioteca pechados.
-Local social digno para a asociación veciñal.
-Uso do 2o. Andar do Centro Comercial Porta Nova que está abandonado e sen uso.
-Pasarela da vía do tren que comunica os barrios de O Ensanche-A co barrio de Sta. Mariña.
-Mellora de accesibilidade e mobilidade da zona do Camiño Laxeiro á rúa Seselle.
-Programa de integración e convivencia para facilitar o encontro e coñecemento entre todas as comunidades culturais e inmigrantes que viven no barrio para previr problemática social e resolver os conflitos existentes.
AVV. DE CARANZA
-Xestión 100% pública dos servizos básico como a auga, saneamento e depuración, recollida de lixo e limpeza viaria, parques e xardíns, mantemento e alumado público, subministro eléctrico, pavimentación de redes viarias, transporte colectivo…
-Mercado Municipal de Caranza como mercado de barrio e tamén como espazo público para disfrute social e cultural da veciñanza (Gardería, Escola de Cociña, Comedor Senior e de Ocio para Maiores). Acceso e mellora da parte traseira do Mercado con comunicación á Avda de Castelao.
-Mellora do transporte público na conexión co Complexo Hospitalario durante todas a semana.
-Medidas para facilitar o acceso das Emerxencias de Ambulancias e Bombeiros a algunhas zonas do barrio como as zonas interiores das veciñais 1 e 2.
-Limpeza e mantemento do Paseo Marítimo de Caranza pois non só é o principal valor social do barrio senón tamén un lugar de deporte, lecer e turismo polo que transcorre un tramo do Camiño Inglés. Recuperación das fontes. Recuperación do mobiliario entre a praia e o paseo.
-Limpeza e mantemento de todo o barrio, non só das rúas principais como a Avda. Castelao e esquecendo outras rúas. Viais e beirarrúas deterioradas que supoñen un perigo para as persoas maiores ou as que teñen problemas de mobilidade (rúas Cádiz, Emilia Pardo Bazán, Enrique Granados…).
-Reparación de locais de entidades de propiedade municipal: tres do concello e cedidos á asociación López Bouza, Clube Ciclista Ferrol e A Revolta de Transancos.
-Dotación e promoción das Hortas Comunitarias.
-Conservación e limpeza da praia de Caranza con mellora de accesos e Servizo de Socorrismo desde principios de xuño ate fins de setembro.
-Soterramento das liñas de alta tensión que pasan por riba da praia.
-Recuperación do Xardín Botánico como zona verde.
-Instalacións deportivas axeitadas.
-Un Centro Social para os Maiores.
-Programas de Participación cidadá.
-Solución ao deterioro social do barrio que desde LIGANDO entendemos se resolvería cun plano de prevención e actuación especificado xa neste programa (programa de seguridade vital garantida, ordenanza de emerxencia social, ordenanza para atender á comunidade xitana, plan de seguridade e dereitos civís, programa Ferro coida dos seus Maiores, Observatorio municipal…).
-Propostas do mundo do deporte.
Da xuntanza co sector do deporte recollemos as seguintes propostas:
-Remunicipalizar o pavillón municipal de A Malata para facer unha política enfocada cara potenciar o deporte saudable e de base como potenciador dun estilo de vida saudable: prevención e tratamento de doenzas, fomento dos valores de cooperación, integración, tolerancia…
-Potenciar o deporte de base, non organizar actividades en función do lucro da empresa concesionaria da xestión privada do servizo.
Contactar desde o Concello coas Escolas Deportivas para impulsar o deporte de base en todas as modalidades. Manter contacto tamén cos centros de ensino para levar programas conxuntos.
-Investimentos na infraestrutura do pavillón de A Malata e piscina de Caranza.
-Eliminar as barreiras arquitectónicas no pavillón de A Malata (porta de acceso e resto de instalación).
-Habilitar unha zona de lecer para os nenos que cumpra os requisitos de seguridade, salubridade e habitabilidade.
-Campañas de alimentación e deporte saudables. Non permitir a venda de bebidas nin alimentos non saudables nas instalacións deportivas municipais (bollería industrial, bebidas azucradas…).
-Abrir os polideportivos os fins de semana.
-Organizar actividades deportivas monitorizadas nos parques da cidade e no rural.
-Construír unha zona cuberta nas instalacións de A Malata e noutras zonas da cidade para poder practicar deportes no exterior gorecidos da chuvia.
-Non utilizar herbicidas nas zonas verdes das instalacións de A Malata e arredar a zona de práctica deportiva da de can e botellón. -Non utilizar produtos contaminantes na limpeza ou mantemento da instalación que poidan provocar alerxias aos traballadores e usuarios.
AAVV. DE CARANZA E VECIÑANZA
Unha vez máis, a limpeza e mantemento do barrio de Caranza: camiños, beirarrúas, estradas, puntos de luz, zonas verdes, mobiliario urbano, reparación do carril-bici do paseo marítimo desde o Auditorio ate o Montón e camiño inglés…foron as demandas fundamentais.
Mais houbo outras non menos importantes como:
-Rehabilitación do Mercado Municipal coa utilización, ademais dos postos de venda do mercado, de parte do espazo para un comedor social e locais social para as persoas maiores e de actividades de animación sociocultural para a mocidade.
-Soterramento das liñas de alta tensión desde o Auditorio ate a gasolineira do Montón.
-Apertura do Centro Cívico todo o ano, tamén no verán con unha xestión máis participativa.
-Apertura do Xardín Botánico do Montón, recuperación de cursos de formación e humanización para zona de lecer.
-Accesibilidade. Eliminar as barreiras arquitectónicas.
-Homologar os parques infantís á lexislación vixente.
-Humanizar toda a zona que está entre a Veciñal 4 e a 5 cun parque infantil, cenadores de madeira, bancos, etc.
-Reposición de bancos e mesas dos merendeiros anexos á praia.
-Reposición do parque bio-saudable existente e construción doutro no parque de personaxes en Pedro Carvajal.
-Parque e praia para cans e recolledores de excrementos no barrio.
-Seguridade viaria (mantemento do firme das estradas, pasos de peóns, substituír as bandas redutoras por pasos elevados…)
-Seguridade cidadá e boa convivencia no barrio.
-Accesos seguros: eliminar o túnel de comunicación de Caranza con A Gándara polo perigo de paso pola noite.
-Modernizar o pavillón municipal Gómez Noya e aumentar as dotacións deportivas, incluíndo un ximnasio e salas destinadas a distintas actividades.
-Reapertura da oficina de rexistro e atención ao cidadán.
-Dotar ao barrio de puntos de reciclaxe.
-Repoñer as marquesiñas que están deterioradas e poñer novas na liña ascendente centro de Ferrol-Caranza, onde non hai ningunha.
-Apoio municipal e xestión perante as distintas administracións para:
.Aumentar o percorrido da liña 3 para que chegue ao Hospital Naval.
.Recuperar a praia con area
.2ª fase do club náutico
.Unión do Bertón co barrio de Caranza
.Adxudicación de vivendas baleiras do IGVS.
.Subvencións para rehabilitación en edificios e elementos comúns
.Que a construción do Estaleiro 4.0 afecte o menos posible ao barrio.
.Aparcadoiro en superficie no Auditorio e do Conservatorio na parcela que está enfronte e é titularidade do IGVS.