Cuarta entrada: “preferimos mil veces mais ….”

Cuarta entrada: “preferimos mil veces mais ….”


Cansa, e moito, atopar na política sempre os mesmos valores , a mesma vara de medir imposta por persoas adultas, maiormente homes de entre 30 e 60 anos aproximadamente, que teñen todos os problemas da vida resoltos: ter trazos faciais e o idioma dos poderosos, acceso a cartos, mobilidade, saúde, ausencia de persoas ao seu cargo, … Cansa, e moito, que estas persoas situadas na forza da vida, estean na política impoñendo a súa visión dos problemas e resolvendo as incomodidades que lles afectan a eles como se as demais persoas (discriminad@s, desempregad@s e precari@s, crianzas, dependentes, mulleres, estudantes, familias monoparentais, autónomos, persoas maiores, xoves, …) non existiramos; aínda que sexamos maioría e aínda que eles terminen antes ou despois engrosando o corpo social dos esquecidos.

LiGanDo-LGD pretende introducir as necesidades, os problemas e sobre todo a visión de futuro da nosa cidade de todas as persoas que non son tidas en conta polo poder política e económico.

Queremos un Ferrol cun Programa serio e centrado nas necesidades normais do día a día da maioría social restándolle importancia a visión e os problemas dos que teñen a vida resolta e non precisan dos demais para sobrevivir e vivir.

En LiGanDo-LGD non defendemos grandes infraestruturas entrementres a cidade ten serios problemas de conservación, limpeza, mantemento e atención ás persoas.

Preferimos mil veces antes sanear a Ría de Ferrol que construír unha nova praia.

Preferimos mil veces mais que se articule un bo servizo de transporte público (tren, bus, bus urbano, bicicletas, taxis, rúas peonalizadas, …) que facer unha estación intermodal baleira de servizo.

Preferimos mil veces mais implantar un servizo municipal de seguimento e axuda as persoas maiores que facer obras custosas e inservibles.

Preferimos mil veces mais apoiar aos autónomos e microempresas que gastar en criar solo industrial para as grandes empresas e multinacionais.

Preferimos, mil veces mais, ser Decrecentistas que continuar nun crecemento absurdo que mata a natureza, destrúe o territorio, esquece as persoas vulnerables e nos enfronta entre nós.

Iolanda Teixeiro Rei

2 comentarios en «Cuarta entrada: “preferimos mil veces mais ….”»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *