Navegación por
Mes: Marzo 2019

Diario de precampaña. Estimado/a votante do Partido Popular de Galicia:

Diario de precampaña. Estimado/a votante do Partido Popular de Galicia:

Hoxe voume dirixir as persoas que habitualmente votan ao Partido Popular de Galicia. Penso que unha organización como a nosa que pretende recoller apoios que van desde as persoas que participan nos movementos asociativos e de auto-organización, pasando polas persoas traballadoras autónomos, micro-empresas e traballadores/as en xeral ate chegar as persoas mais convencionais da sociedade ten que poder dirixirse aberta e sinceramente a eses sectores mais moderados e galeguistas que habitualmente votan ao Partido Popular. Diríxome as persoas que habitualmente…

Ler máis Ler máis

DIARIO DE PRECAMPAÑA: Por unha mocidade dona do seu futuro.

DIARIO DE PRECAMPAÑA: Por unha mocidade dona do seu futuro.

Desde LiGanDo pensamos que á mocidade ferrolana non se lle pode mentir con paxariñas preñadas e con un futuro de coches voadores cando o devalo das enerxías fósiles e dos recursos mineiros van ser o elemento fundamental que van marcar as súas vidas. Coa información da realidade enerxética mundial e tendo claro o primeiro principio da termodinámica a mocidade ten que ter a oportunidade de debater e comezar a construír o mundo do futuro e deberá poder decidir se a…

Ler máis Ler máis

NON ÁS AGRESIÓNS POR MOTIVOS POLÍTICOS.

NON ÁS AGRESIÓNS POR MOTIVOS POLÍTICOS.

Desde LiGanDo queremos denunciar o clima de violencia que está empezando a aparecer nas entornas politizadas da sociedade. Sen ir mais lonxe esta fin de semana foi agredido FJM na cidade de Ferrol. A nosa solidariedade coa vítima e a nosa demanda para que as investigacións policiais leve aos culpables diante da xustiza. A construción dun mundo cunha escala de valores que non contemple a cultura da dominación, tal e como pretende LGD, pasa imprescindíbelmente por afastar da violencia física….

Ler máis Ler máis

8 M: POLA DESMERCANTILIZACIÓN DA SOCIEDADE!!!

8 M: POLA DESMERCANTILIZACIÓN DA SOCIEDADE!!!

Estamos diante dun novo 8 de Marzo e toca falar de igualdade, mais este 8 de Marzo de 2019 é diferente porque o ano pasado fixemos historia con mobilizacións sen precedentes. Grazas a nós, a todas NOSOUTRAS avanzamos de xeito importante. Grazas ás mobilizacións e a greve do 2018 o feminismo forma parte do debate político do momento actual e, ademais, conseguimos que o de agocharse no termo “feminino” de moitas mulleres para fuxir do feminismo soe ridículo. Hoxe, 8…

Ler máis Ler máis

Cuarta entrada: “preferimos mil veces mais ….”

Cuarta entrada: “preferimos mil veces mais ….”

Cansa, e moito, atopar na política sempre os mesmos valores , a mesma vara de medir imposta por persoas adultas, maiormente homes de entre 30 e 60 anos aproximadamente, que teñen todos os problemas da vida resoltos: ter trazos faciais e o idioma dos poderosos, acceso a cartos, mobilidade, saúde, ausencia de persoas ao seu cargo, … Cansa, e moito, que estas persoas situadas na forza da vida, estean na política impoñendo a súa visión dos problemas e resolvendo as…

Ler máis Ler máis