Segunda entrada: PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS.
A pre-campaña de LiGanDo está pensada para coñecer e recoller as propostas da veciñanza de Ferrol, porque pensamos que o desexable é unha cidade o mais auto-xestionada posible polos veciños e veciñas. Reunímonos no noso primeiro contacto cun grupo de traballadores Autónomos para coñecer de primeira man a súa visión. A impresión que sacamos e que a maioría das persoas autónomas perciben ao Concello como unha institución hostil cos seus problemas. A desidia e os atrancos burocráticos diante dun problema parece ser a actitude habitual do Concello de Ferrol; cousa esta que mesmo aumentou na lexislatura que esta rematando.

Como candidata de LiGanDo comprometinme a tomar en consideración e incluír as propostas postas encima da mesa polas persoas autónomas que estiveron presentes. Estas propostas serán incluídas no programa de LGD para as eleccións de Maio de 2019.
Nesta reunión informámoslles das dúas iniciativas presentadas por LiGanDo-LGD ao concello de Ferrol neste ultimo ano e que teñen que ver co debate das cotizacións a seguridade social que se deu a raíz do cambio de goberno central.
As Iniciativas presentadas por LGD no Concello de Ferrol non foron tomadas en consideración por Ferrol en Común. Instaban a que o Pleno do Concello de Ferrol se dirixira ao Goberno de España para:
-Demandar os cambios lexislativos necesarios para que todas as persoas traballadoras incluídas no RETA durante o período de baixa médica fiquen excluídas da obriga de abonar a cota mensual.
-Demandar os cambios lexislativos para que as persoas autónomas con máis de 5 anos de cotización poidan reducir a cota mensual de abono sen a redución da base de cotización por un período non superior a 6 meses no período de 5 anos sempre que se xustifique unha caída de ingresos de máis do 75% no último período de 12 meses
-Solicitar ao goberno central a non aplicación da suba da cota mensual e da obrigatoriedade de abonar polos conceptos de continxencias profesionais por cese de actividade e formación profesional para o ano 2019, mentres non se modifique o Estatuto da Persoas Autónomas.
-Demandar o inicio de negociacións coas asociacións de Autónomos e sindicatos co fin de modificar a lexislación que regula as condicións socio-laborais deste colectivo, incluíndo os acordos pactados no Estatuto das Persoas Autónomas.
Ferrol, 12 de Febreiro de 2019
Iolanda Teixeiro Rei