REY VARELA: UN PASEO POLAS NUBES.

REY VARELA: UN PASEO POLAS NUBES.

A nosa candidata á Concelleira en Ferrol, Iolanda Teixeiro, interpela a Rey Varela polas típicas promesas de campaña electoral.

Iolanda Teixeiro Rei

Di Rey Varela que se presentará ás Municipais co “proyecto más ambicioso para la ciudad de Ferrol”. Pero a cobiza nunca foi boa conselleira. Porque o que xa fora alcalde promete, outravolta, emprego en base ao eterno mantra do crecemento económico. Como se os gobernos de todos os estados occidentais non estiveran obsesionados co crecemento continuo nun planeta onde estamos a esgotar os xa escasos recursos enerxéticos e de materias primas. Mais a obsesión dos gobernos apenas consegue subas do PIB raquíticas. Por algo será. Será porque as posibilidades de crecemento mundial chegou ou está chegando ao seu fin tal e como o din moitos economistas de prestixio.

Rey Varela intenta levarnos dar un paseo por un ceo que non existe.

Desde o Decrecemento temos claro que non se trata de crear máis solo industrial para as multinacionais nunha cidade como a nosa, sitiada por polígonos pantasmas cheos de naves baleiras que só serven para destruír o territorio. Prometer solo industrial nos terreos de Defensa en Mandiá supón un suicidio inducido, cando non alentar un novo “pelotazo especulativo” . Ferrol necesita fixar emprego local de calidade, potenciar a economía de proximidade que non fai medrar o PIB pero mellora a situación dos nosos veciños e veciñas. Precisamos un goberno que apoie aos autónomos, ás cooperativas, os grupos de consumo, os mercados, as feiras porque é o mellor xeito de facer algo polo emprego real desde as cativas competencias municipais que teñen os concellos referidas a este tema. Precisamos iso sí reforzar e prestar mais atención aos servizos sociais municipais porque son os únicos que poden paliar as condicións extremas de pobreza e desatención na que se atopan moitas persoas na nosa cidade. Hai que ser mais coidadosos cos coidados, o noso territorio e o seu medio ambiente.

En definitiva que Ferrol non precisa que nos leven, unha vez mais, dar un novo paseo polas nubes.

Ferrol, 7 de Febreiro de 2019.


2 pensamentos sobre “REY VARELA: UN PASEO POLAS NUBES.

  1. Para mi desde que tengo memoria fue el mejor alcalde que recuerdo ..y en poco tiempo nos ilusionó pero tanta crítica ..Sin demostrar la gente cae en ella ..destruir es muy facil contruir más difícil y la izquierda la destrucción parece que es su Jovi. Una pena porque el alcalde tenemos que valorarlo por su trabajo ¡los Ferrolanos somos complicados!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *