A nosa organización política última os detalles da candidatura ás eleccións municipais de Maio na cidade de Ferrol. A candidata á alcaldía de LiGanDo será Iolanda Teixeiro Rei. Iolanda Teixeiro é de momento a única candidata muller á alcaldía de Ferrol e unha coñecida articulista moi coñecida nos ambientes culturais de Ferrol. LiGanDo quere estar presente no proceso electoral para introducir no debate social a necesidade de superar as prácticas capitalistas con propostas Decrecentistas e de auto-xestión. Iolanda Teixeiro é pedagoga social, traballa como profesora de Tai Chi e aspira a que a candidatura de LiGanDo sexa a revelación destas eleccións municipais en Ferrol; promete facer discurso e propostas que, de forma intencionada, seduza a activistas sociais, votantes de esquerda desencantados polas peleas partidistas…e tamén aos sectores más galeguistas e moderados da sociedade que habitualmente votaban ao PP pero que xa non os convence por ter esquecidos os seus problemas como é o caso dos traballadores autónomos da hostalaría e o comercio.