Foi poñer a Plataforma na Defensa dos Servizos Básicos e pola Remunicipalización no xulgado de Ferrol unha denuncia por estafa e prevaricación contra Emafesa, o alcalde e os correspondentes concelleiros cando ás poucas horas o governo local (tan lento, opaco e inactivo até ese intre) co alcalde á cabeza, anunciaba a denuncia da Plataforma acusándoa, con nomes e apelidos amais de adxectivos indignos dun representante público, desbotando o labor de anos dunhas persoas que levan moito tempo defendendo os intereses de toda a cidadanía de Ferrol, contra todos os poderes fácticos, e o máis preocupante, contra este e anteriores gobernos municipais.
Unha cousa que lle temos que preguntar a Jorge Suarez e se eliminou ou suspedeu temporalmente, mentres el goberne, o Artigo 4 do Regulamento de Participación Cidadá do propio Concello de Ferrol
Unha cousa que lle temos que preguntar a Jorge Suarez e se eliminou ou suspedeu temporalmente, mentres el goberne, o Artigo 4 do Regulamento de Participación Cidadá do propio Concello de Ferrol que nos ilustra sobre os Dereitos da veciñanza e entidades cidadáns e nos fala do Dereito a servizos públicos de competencia municipal, do Dereito á información…,de que estamos a falar?. Outra pregunta que cabe facerlle a Jorge Súarez e se a tan cacareada unidade popular aceita como normal e sano a súa connivencia coas grandes empresas que buscan o lucro e o beneficio a base de facer xestións deficientes con aspectos relacionados moi directamente co mantemento da vida?. Jorgue Suarez bebería contestar se defende unha xestión pública dos servizos básicos como o ciclo integral da auga ou, pola contra, o lucro privado de dúas empresas que, como Urbaser (filial da empresa madrileña ACS, agora en mans dun fon do de capital especulativo chinés) e Viaqua (lembremos que hai quen asegura que o escándalo Pokémon fixo que Aquagest mudara en Viaqua, a dos anuncios de páxina enteira a toda cor nos xornais o Día Internacional da Auga), se reparten os miles de euros de todos os grandes concellos agás o de Coruña?.
Se algo caracterizou á Plataforma de Remunicipalización foi o traballo constante para abrir o proceso de voltar os servizos básicos á xestión pública.
Se algo caracterizou á Plataforma de Remunicipalización foi o traballo constante para abrir o proceso de voltar os servizos básicos á xestión pública, xa non pola falla de control e a opacidade da xestión privada no tocante á Saúde Pública (como se evidenciou coa chamada crise da auga do governo popular de Rey Varela) senón tamén polos sobrecustes da privatización que van do 22% ao 90%. Cantidades nada despreciabeis que se tiran dos cartos públicos para o peto de empresas que como Socamex, a parte privada de Emafesa, ousan ameazar aos alcaldes co xulgado ou con disolver a empresa mixta alegando falla de ingresos por unha taxa que non cumpre os requisitos legais.
Perante esta situación agardariamos que un goberno de cambio non só non se enfrontara ás plataformas cidadáns, senón que, cun mutuo apoio, sumando esforzos, foran quen de librar os intereses da cidadanía do oligopolio dos servizos básicos. Ou, canda menos, non coutara o asesoramento profesional de persoas que como Babiano ou Urruticoechea, se prestaron, dun xeito altruista a apoiar o proceso remunicipalizador na nosa cidade. Sobre todo non tendo maioría absoluta, o goberno municipal tería de ter asumido a situación de febleza e procurar apoios, tanto dentro como fóra do consistorio. Apoiarse na cidadanía, iso si sería de recibo, se tivera intención de desurdir a trama da auga.
Mais, lembro que o propio Urruticoechea alertábanos de que en todos os concellos que teñen contratos de servizos importantes, como auga, lixo ou xardinería, atopariamonos seguramente perante unha trama mafiosa. E tamén avisaba que a revolución pendente era que os cidadáns que tiveran o afouto de denunciar estiveran blindados. E estamos a falar da opinión informada dun economista e interventor municipal, experto nestas cuestións.
Así as cousas, en Ferrol, na cidade máis empobrecida e avellentada, coas taxas máis altas de emigración da mocidade, imos pagar as taxas máis elevadas de saneamento e depuración das sete cidades galegas.
Así as cousas, en Ferrol, na cidade máis empobrecida e avellentada, coas taxas máis altas de emigración da mocidade, imos pagar as taxas máis elevadas de saneamento e depuración das sete cidades galegas. E imos pagalas igual cun goberno que se di de esquerdas e de unidade popular que co anterior de dereitas.
Jorge Suárez, como alcalde ten que asumir como normal as críticas e mesmo as denuncias ao seu traballo e xestión como fan todos os cárregos políticos, e se a concepción da súa honra lle impide aceitar a crítica como parte sustancial dunha democracia, debería plantexarse seriamente abandonar a política e todo cárrego público para non secuestrar a democracia e a participación cidadá. Amais que, se da súa honra se tratar, sería de ben que a defendese co seu patrimonio e non co de toda a veciñanza ferrolá.
Ningunha denuncia ou comunicación de feitos que poidan ser constitutivos de delito poden ser considerados unha falla á honra a ninguén. De ser así a vía xudicial nunca podería exercerse contra cargos da administración por medo a que o denunciado tivese a súa honra por encima da transparecia e do servizo público ao que se debe o seu cargo. En todo caso, existiría unha falla á honra se se fixeran acusacións falsas sen ir ao xulgado, cousa que non acontece nesta ocasión.
Por riba diso, está o dereito de toda persoa a facer política, mesmo política partidaria, como fai o propio alcalde cando defende, a capa e espada, a FeC sen importarlle aproveitar o seu cargo e a atención mediatica para axustar contas das rencillas do pasado
Ou isto ou eliminar o Regulamento de Participación Cidadá e deixar de cantar o mantra da democracia paticipativa.
Suscriben isto Iolanda Teijeiro e Miguel A. Abraira, Secretaria e Voceiro da organización política LiGanDo-LGD.