Os espantallos de La Voz de Galicia.

Os espantallos de La Voz de Galicia.

Por primeira vez La Voz de Galicia decidiu sacar unha noticia referida a unha iniciativa da nosa organización. Foi xustamente a de Eco-hortos urbanos. Desde LGD agradecémoslles a atención prestada e collémoslles prestada a foto dos espantallos que tiveron a ben empregar para ilustra a nosa proposta. Sen dúbida un exemplo impecable da visión que o grupo Voz ten das propostas que teñen que ver coa produción de alimentos por métodos sustentables e que buscan a soberanía alimentaria.

Velaí a foto:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *