LGD pide melloras na Estrada de Catabois.

LGD pide melloras na Estrada de Catabois.

As nosas demandas:

1.-Unha boa iluminación e mantemento dos pasos de peóns da estrada de Catabois, especialmente o que está situado entre a panadería Valencia e a rotonda contigua, cara a residencia, por ser especialmente perigoso dada a mala visibilidade nocturna e alta velocidade de rodaxe dos vehículos.

2.-Revisar as zonas de Carga/Descarga para actualizalas debido a meirande frecuencia de apertura/peche de locais comerciais que se deu coa crise.

3.-Revisar as beirarrúas e solventar as deficiencias de acceso para persoas de mobilidade reducida.

4.-Que se tomen as medidas oportunas para garantir a seguridade dos ciclistas.

Os nosos argumentos:

Desde que se ampliaron as beirarrúas da Estrada de Catabois, aumentando o número de terrazas e o disfrute peonil, non se mellorou en absoluto a seguridade viaria malia a ser unha das arterias importantes da cidade en canto á circulación rodada. A excesiva velocidade de circulación dos vehículos así como a necesidade cotiá de cruzar para mercar no barrio máis avellentado da cidade, xunto a uns pasos de peóns con pouca visibilidade, sobre todo en horas nocturnas, aumenta a perigosidade para os residentes. Máis aínda se temos en conta que nesta estrada hai un centro de ensino e unha gardería.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará