CELULOSAS E PIRÓMANOS EXPRÉS
Ninguén sabe como foi. Desde o presidente da Xunta ate o último xornal perdido pásmanse da vaga compulsiva de incendios no outono máis ardente que se lembra. Tardaron unha cantas décadas en se decatar que o lume era intencionado. Supoñemos que precisarán doutras tantas décadas máis para descubrir que há unha trama. Non sabemos cantas persoas máis terán que morrer. Como ignoramos cantas matanzas máis terán que sofrer nas escolas estadounidenses para que abatan á Asociación do rifle cos seus…