Miño: LiGanDo unha vila cabeceira de comarca.

Miño: LiGanDo unha vila cabeceira de comarca.

Unha nova porposta de LiGanDo-Minho da man de José Antonio Martínez para axudar na creación dunha área de influencia comarcal para a Vila de Miño,  eliminando ao mesmo tempo o tránsito de vehículos pesados, mediante a ampliación da estrada Ponte do Porco-Vilamateo.

A PROPOSTA:

Desde a nosa organización propoñemos ao Concello de Miño que impulse e defenda diante das administracións correspondentes o estudo e execución das seguintes melloras.
-Ampliación do víal que une a Ponte do Porco con Vilamateo. Dita ampliación debería executarse con o mesmo método que o empregado na ampliación do víal que une Feira do tres con a casa consistorial de Vilarmaior por non requir
iu de expropiacións, compras e por ser dun baixo custe económico. A única complexidade técnica seria a necesaria para ampliar dito víal debaixo da ponte do ferrocarril.
-A realización dunha ampla mellora da saída da estrada Vilamateo-Ponte do Porco con dirección a Ferrol no lugar da Ponte do Porco.
-A realización de dúas rotondas na N-651 antes da chegada a Miño: unha con procedencia do Ferrol a altura aproximada do enlace que nos leva a Bemantes por Gallamonde e a outra despois da Ponte do Porco, con dirección a Coruña, no tramo morto que xa é empregado (actualmente con bastante perigo) para producir cambios de sentido. Estas rotondas permitirían o cambio de sentido Ferrol-Coruña-Ferrol e ademais producirían unha redución asegurada da velocidade dos vehículos sen entorpecer a circulación o que suporía unhas entradas-saídas de Miño claramente mais seguras.
-A ampliación e reforzamento (se fose necesario) da entrada da Ponte do Porco vindo de Coruña e da súa unión co víal Ponte do Porco-Vilamateo.


OS ARGUMENTOS:
Desde LiGanDo temos claro que o proceso de globalización mundial comezou a recuar e polo tanto entendemos que as dinámicas económicas e sociais de apostar por grandes infraestruturas que favorezan ese proceso son dobremente absurdas. Por un lado o proceso de globalización produciu e produce grandes inxustizas globais caracterizadas por unha explotación inxusta, contaminante, esquimaldora, … do norte sobre o sur e por outra banda porque a crise enerxética mundial esta facendo que o número de desprazamentos se reduzan de xeito moi importante polo que non procede mellorar algo que vai deixar de ser usado. Este cambio de modelo, vai facer que camiñemos cara sociedades con baixa mobilidade en percorridos longos en favor dunha mobilidade comarcal. Neste apartado é importante citar que a poboación galega esta asentada maioritariamente no eixo Ferrol-Vigo con unha baixa penetración cara o interior. Este efecto podería verse reducido se as distintas administración executan melloras nas estradas que comunican o interior inmediato de Galiza coa costa. Se as administracións tivera esta proposta como prioritaria en moi poucos anos a franxa de asentamento da poboación galega seria mais ampla favorecéndose reciprocamente a sociedade e economía do interior e a da costa. Sendo certo o dito nos parágrafos anteriores non nos pode levar a pechar os ollos diante dos problemas cos que convivimos no día a día e compre poñer encima da mesa propostas inxeniosas que precisen de baixas inversións. Un dos graves problemas do día a día da vila de Miño e o continuo paso de vehículos pesados polas súas rúas. Unha boa parte deste tráfico pesado procede ou diríxese a estrada que vai a Vilarmaior pasando por Bemantes. Dar unha alternativa de circulación a este tráfico evitaría as grabes molestias que produce ao seu paso pola vila e ademais incidira positivamente nas parroquias do interior de Miño e dos concellos de Paderne, Miño, Vilarmaior, Irixoa e mesmo Monfero. Outro problema que detectamos as persoas de LiGanDo Minho é o mal deseño dos enlaces de acceso a nosa vila, principalmente os que nos atopamos vindo de Ferrol. Este tramo que tendo limitada a velocidade chama a pisar o acelerado, o que se ten transformado en numerosas ocasións en graves accidentes con consecuencias mortais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará