Iniciativa: Galiza e o Peak oil.
AS NOSAS PROPOSTAS Á PRESIDENCIA DA XUNTA
1º.-Que a Xunta de Galiza faga unha declaración institucional asumido como un grave problema para a o futuro inmediato da sociedade galega o ter chegado ao cumio mundial de extracción de petróleo convencional en consonancia cos informes que a este respecto ten publicado a Axencia Internacional da Enerxía.
2º.-Que a Xunta de Galiza cree unha mesa intersectorial con representación política e de expertos independentes para estudar o impacto a curto, medio e longo prazo da peak oil mundial na sociedade e economía galega. Que dita mesa propoña medidas de resiliencia activa e pasiva para adaptar a sociedade galega no seu conxunto ao unha sociedade con deficiencia no subministro de enerxía.
3º.-Que a Xunta de Galiza inicie de xeito inmediato unha campaña de divulgación entre a poboación do fenómeno físico coñecido como peak oil ou cumio do petróleo no que estamos inmersos a nivel mundial e inste á nosa poboación, empresas e administracións a prepararse mental e materialmente para as súas consecuencias.
4º.-Que a Xunta de Galiza inicie no prazo mais breve posible as medidas suxeridas pola mesa de expertos para adaptar a sociedade e a economía galega a unha era post-fosilista.
O ARGUMENTARIO
No ano 2010 a Axencia Internacional da Enerxía recoñeceu que no 2005/2006 se chegou ao cume da extracción de petróleo convencional a nivel mundial. Este recoñecemento deuse en boa medida debido a presión que expertos independentes espallados por todo o planeta fixeron e veñen facendo para divulgar a necesidade de tomar medidas para pasar dunha sociedade con alta dispoñibilidade de enerxía a outra con baixa.
Durante os primeiros anos da crise e sobre todo no anos de elevados prezos do petróleo e polo tanto dos combustibles de consumo directo por parte dos cidadáns (gas, gas oil, gasolina, …) fixeron que os medios de comunicación prestasen atención e divulgasen os puntos de vista e análises das persoas peakolieiras. Nembargantes na actualidade os baixos prezos dos combustibles permitiron unha leve recuperación económica o que fixo que nacese un desinterese social por unha falsa idea de iniciar un ciclo de crecemento que nada ten que ver coa realidade na que estamos inmersos.
O desenrolo do fracking contou con un importante debate social e mediático que foi gañando adeptos a medida que o prezo dos combustibles fósiles se disparaba para arriba. Nembargantes foi o propio descenso do prezo do barril do petróleo o que viu dar a razón aos sectores que se cuestionaban o fracking no só por razóns ambientais senón tamén por razóns de retorno enerxético.
O fracking é un método de extracción de hidrocarburos presentes de xeito difuso na codia da terra que produce grandes impactos ambientais e co que ademais se obteñen cantidades netas de enerxía moi baixas polo que precisan de altos prezos e de subvencións monetarias para poder dar rendibilidade económica.
Co paso do tempo quedou demostrado que os baixo prezos do petróleo non son produto da superación dos problemas técnicos que impedían obter enerxía con nova tecnoloxía (fracking, extracción a altas profundidades, …) son sen dúbida o claro reflexo do ciclo posterior a destrución da demanda que consiste nun ciclo de sobre-oferta no mercado internacional produto da falta de demanda. Esta situación de sobre oferta é confusa se analizamos o número de barrís de petróleo dispoñíbeis diariamente no mercado internacional e faise preciso recorrer ao calculo da enerxía neta chegada aos consumidores, xa que a introdución de hidrocarburos que non son equiparables enerxéticamente ao petróleo convencional pode facernos mal-interpretar a realidade.
Actualmente, debido aos baixos prezos do petróleo, o que esta sucedendo no mundo da extracción de hidrocarburos é a paralización de taladros (pozos petrolíferosss) e o estoupido da burbulla do fracking debido a falta de rendibilidadade económica. A destrución da oferta vai supoñer que a curto prazo se dea no mercado internacional unha sub-oferta o que vai precipitar unha subida radical dos prezos do petróleo e dos seus derivados o que supoñerá un novo ciclo de destrución da demanda por falta de rendibilidade de moitos procesos industriais e polo tanto de empresas. Esta destrución da da demanda significa destrución de postos de traballo e polo tanto un novo ciclo de crise económica.
Os mesmo expertos independentes que alertaron que xa se tiña chegado ao peak oil do petróleo convencional e forzaron cos seus estudos á AIE a asumir está realidade están, agora, alertando que no pasado 2015 se superou o peak oil de todos os petróleos e os seus derivados a nivel mundial.
Os grupos políticos con representación no parlamento galego teñen unha amplía información sobre este tema que afecta ao conxuro da sociedade galega mais a súa actitude e de infravalorar ou mesmo desprezar o debate e os argumentos dos sectores peakoileiros, dos consellos dos seus técnicos e das organizacións.
Recentemente a Asociación Véspera de Nada fixo entrega aos grupos políticos presentes no Parlamento Galego na anterior lexislatura o documento titulado: Límites revisitado: unha revisión do debate sobre os límites do crecemento
que é a tradución do documento elaborado polos expertos Tim Jackson e Robin Webster por encargo do grupo inter-partidario do Parlamento británico. Dito informe explica de forma detallada e ben argumentada moitos dos problemas que agora sinalamos.
O Estado Español e un estado con nula capacidade produtora de hidrocarburos e precisa facer importacións do 100 % dos países produtores. Un destes estados produtores dos cales o Estado Español fai importacións e Alxeria. Desde Alxeria o Estado Español importa o 50% do gas natural o que deixa ver a profunda dependencia existente coa súa produción. Esta dependencia debería levarnos a ter moi presente a situación de produción neste estado do norte de África que non é outra que o descenso da súa capacidade extractiva desde o ano 2000 con un incremento nos consumos internos. O descenso da capacidade extractiva esta producindo importantes dificultades a hora de cadrar as súas contas o que supuxo que o seu PIB pasase de 214.000 de dólares a 168.000 no 2015.
As situacións de dificultades económicas dos países exportadores de hidrocarburos veñen dados por un descenso da produción e/ou un descenso moi importante no prezo dos mesmo. Alxeria esta sufrindo as dúas consecuencias e a inestabilidade política esta moi presente na súa sociedade. Ademais a este feito de inestabilidade interna hai que engadir os desexos do Exercito Islámico de actuar no seu territorio como paso previo a toma de Marrocos como escala previa as accións que pretenden levar acabo en territorio Europeo.
O inicio da guerra en Alxeria suporá un forte golpe aos mercados de abastecemento do Estado Español e obrigara as empresas españolas a buscar novos provedores con correspondente período de adaptación -novas infraestruturas- e suba de prezos no mellor dos casos. Non debemos esquecer que o gas natural é o substitutivo máis inmediato dos derivados do petróleo e que esta preto de chegar ao seu cénit de produción mundial.
A situación galega e practicamente igual a española na dependencia externa de hidrocarburos e os seus derivados e só ten a vantaxe comparativa de non ser dependente da infraestrutura de gasodutos para fornecerse de gas natural vía Reganosa; o que non a fai tan dependente do mercado alxerino.