A calma chicha da metade.

A calma chicha da metade.

É tan fina e transparente a membrana que separa as dúas Galizas que case ninguén sabe da súa existencia. A calma dun lado (o dereito) da membrana moi poucas veces se altera. A axitación do outro lado (o esquerdo) soe ser constante. A membrana é elástica e a axitación do lado esquerdo non interfire na calma do lado dereito; como moito consegue que se dea un movemento silencioso para asegurar a súa calma chicha. A desesperación do lado esquerdo dáse cada 4 anos porque os seus pensan que a súa axitación chega a todos os recunchos. Non saben da membrana fina e transparente. Os do lado dereito con a súa calma chicha saben que tampouco son que de seguir sendo; precisan cambios pero diante das convulsións dos do lado dereito volven preferir a súa calma chicha. As veces no lado dereito aparece un cambio que ollan como de seu. Cando isto sucede o lado dereito convulsionase e ate os do lado esquerdo apoia ese cambio. Ao pouco os do cambio do lado dereito volven ser como os do non cambio e os do lado esquerdo que apostaron polo cambio do lado dereito volven para o lado esquerdo.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará