Navegación por
Month: Setembro 2016

Galegofobia: quen son os imbéciles e escuros?

Galegofobia: quen son os imbéciles e escuros?

O mesmo ten que o enteiro mapa de Hespaña estea tinxido dun azul gaivota máis azul do que os mares, o mesmo ten  porque para moitos os únicos votantes da dereita do PP están na Galiza rural. Se así fora teriano doado. Darlle a independencia a Galiza e ficar eles tan ricamente. Nada máis rematar o reconto en urna xa comezaron os chíos dos pardillos meseteiros e bocaláns. Os galegos atrasados, parvos, paletos, vellos, rurais, narcos, analfabetos, usureros rastreros…Mais de…

Ler máis Ler máis

Iniciativa sobre o acuartelamento Sánchez Aguilera de Ferrol.

Iniciativa sobre o acuartelamento Sánchez Aguilera de Ferrol.

A nosa proposta: 1º.-Que o goberno local de Ferrol faga os trámites administrativos dirixidos a anular o convenio con Defensa e pida a devolución dos 145.000 Euros xa pagados, por ser un abuso de agravio con esta cidade. 2º-Que o goberno local de Ferrol faga os trámites necesarios para proceder a suspender o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) para o Sánchez Aguilera e non aprobe a proposta de reparcelación incluída en dito convenio. 2º.- Que o goberno de Ferrol…

Ler máis Ler máis

A calma chicha da metade.

A calma chicha da metade.

É tan fina e transparente a membrana que separa as dúas Galizas que case ninguén sabe da súa existencia. A calma dun lado (o dereito) da membrana moi poucas veces se altera. A axitación do outro lado (o esquerdo) soe ser constante. A membrana é elástica e a axitación do lado esquerdo non interfire na calma do lado dereito; como moito consegue que se dea un movemento silencioso para asegurar a súa calma chicha. A desesperación do lado esquerdo dáse…

Ler máis Ler máis

O clúster político e a defensa da terra

O clúster político e a defensa da terra

Veño de ler unha entrevista do candidato de En Marea, Luis Villares, en plena campaña eleitoral onde manifesta que necesitamos unha política de clústers que permita cerrar en Galiza toda a cadea industrial. Como fala en castelán (é para un medio español) non sei se está a pensar en cerrar como entornar ou se alude a pechar de pasar a chave. Mais sexa o que for, a min espavéntame esa palavra: clúster. Porque clúster é unha ideia central da globalización…

Ler máis Ler máis

CON K: PRECARIOS, PRESBÍTEROS E PROCARIOTAS

CON K: PRECARIOS, PRESBÍTEROS E PROCARIOTAS

A meirande parte das persoas cando falan de historia nos bares e baiucas do país, (desde que somos europeos xa non se fala de futebol nen de monllos rosados) acreditan en que os humanos progresamos. Tamén Curros, o poeta civil, afiuzava en que a chegada a Ourense da primeira locomotora traería o progreso!. Mais esta errada idea de que o paso do tempo sempre é para ben dos humanos non ten máis fundamento do que os fundamentalistas e os seus…

Ler máis Ler máis