Iniciativas de LiGanDo no concello de Miño.
As preguntas sobre FADESA e a Xunta de Galicia:
Como está a auditoría urbanística sobre o caso FADESA, anunciada na prensa pola alcaldía de Miño?
Fíxose, por parte do Concello de Miño, algún estudo para comprobar a viabilidade de poder solicitar a Xunta de Galiza que asuma, cando menos, parte da débeda que o Concello contraeu cos afectados das expropiacións de FADESA?
Pensa o Concello de Miño solicitarlle a Xunta de Galiza que asuma a totalidade ou parte da débeda citada?
No caso de terse feito algún tipo de estudo, contemplase neste a denuncia xudicial formal por parte do Concello contra a Xunta de Galicia pola súa actitude neglixente mantida no proceso de aprobación e execución da macro-urbanización “Costa Miño”?
Os motivos:
Antes do inicio da crise(colapso) a construción foi a parte mais importante da base económica do Estado Español. Galiza neste modelo non xogou un papel moi importante, mais o noso concello é hoxe o claro exemplo dos des-propósitos urbanísticos desa cultura económica e dese tempo de despilfarro. A macro-urbanización de FADESA foi deseñada, respaldada e executada con un total desprezo ao entorno e as consecuencias a sufrir pola veciñanza directamente e indirectamente afectada. Que o proxecto FADESA fose concibido e desenrolado ao final da burbulla do modelo baseado na construción especulativa, supoñía un perigo engadido para Miño que ninguén debía desprezar. O feito de ter ignorado este factor supuxo o peor que como pobo nos podía suceder.
Desde o estoupido da burbulla inmobiliaria moitos políticos locais e nacionais teñen feito declaracións sobre a necesidade de depurar responsabilidades políticas no noso concello. Esta depuración de responsabilidades política ten que vir dada pola inmensa débeda contraida polo concello por non ter esixido o aval bancario a construtora da urbanización de FADESA. Esta non esixencia foi feita de xeito premeditado e consciente o que ao noso entender e cando menos un factor que debería supor mais dunha dimisión política. Dado que desde os distintos gobernos municipais ninguén é o suficientemente honrado e legal para asumir as responsabilidades o alcalde ten feito público a intención dunha auditoría urbanística sobre os acordos do proxecto, adxudicación, execución, … do proxecto FADESA. Desde LiGanDo-Minho apoiamos esta medida sen fisuras e queremos que a mesma non quede en simples declaracións na prensa.
Por outra banda, na reunión que o concello de Miño, con o seu alcalde a fronte, tivo con os veciñ@s para falar sobre o paga da débeda que o noso concello tiña co afectados polas expropiación para a construción da macro-urbanización “Costa Miño” xurdiron diversas propostas que precisaban ser analizadas e estudadas desde a Equipa de Goberno.
Unha das medidas que se puxo encima da mesa pero que con o tempo foi descartada foi o pago da débeda en dúas metades procedendo a facer o primeiro pago de xeito inmediato e afrontar a outra metade dentro duns anos. Ao final como todo o mundo coñece e debido a impedimentos legais fíxose o pago integro nunha só vez.
Outra medida que saíu a proposta dun veciño foi a de demandarlle a Xunta de Galiza que asuma, cando menos, parte da débeda por entender que se chegou a situación que se chegou porque os organismos responsables da administración autonómica non fixeron as funcións de vixilancia e control que lles compete segundo a lexislación vixente. O Sr. Alcalde tomando a palabra na mentada xunta dixo que a idea lle parecía interesante e comprometeuse publicamente a estudar a mesma. Pasaron varias semanas desde esta declaración de intencións da alcaldía e desde a organización política LiGanDo-LGD gustariamos que se nos respondera ás preguntas:
Repensar Miño para evitar atascos.
O estudo da reubicación do mencionado paso de peóns de xeito que este entorpeza o menos posible o transito de vehículos sen que isto signifique a merma de seguridade e fluidez dos peóns.
Os nosos motivos:
É de sobra coñecido que na vila de Miño existe un importante problema de tráfico sobre todo nos meses de verán. Os motivos que provocan ditos atascos tamén son de sobra coñecidos e non son outros que o incremento de coches polo uso masivo das nosas praias, o paso pola vila de tráfico pesado, un deseño espontáneo da vila que non permitiu comunicar a mesma de xeito fluído coas vías de comunicación comarcais, nacionais e estatais.
A solución os atascos faría necesario o re-deseño de viais internos e dos enlaces da vila co exterior o que supón dispoñer de importantes cantidades de diñeiro para realizar os estudos e acometer as obras. Sendo o dito anteriormente algo necesario desde LiGanDo-LGD entendemos que é preciso non entorpecer o tránsito rodado de vehículos con medidas irracionais. Ao noso entender unha destas medidas irracionais e o ter colocado un paso de cebra no coñecido como o cruce da Praia (principal punto de atasco da vila). Estamos referíndonos ao paso de cebra que esta situado xusto diante do bar O Morcego. Dito paso de cebra ao ser usado polos peóns dificulta o transito dos vehículos que circulan en catro direccións (procedentes ou con destino á saída de Ferrol e Feira do Tres, procedentes do Curro, procedentes e con destino as praias, procedentes ou con destino á saída da Coruña) e por encima produce retencións de camións nun momento de manobra complexa e en subida.