Iniciativa para salvar o nascimento do Rio Minho.

Iniciativa para salvar o nascimento do Rio Minho.

Á CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACION DO TERRITORIO

XUNTA DE GALIZA.

Pedregal de Irimia.eucaliptos.foto.adega

Pedregal de Irimia (foto adega)

1º.- O Rio Minho é o principal rio da Galiza histórica, junto com o rio Navia. Nasce no Pedregal de Irimia na Serra de Meira a uma altura aproximada de 750 m e percorre uns 340 km antes da sua desembocadura no Atlântico na linha de Galiza e Portugal. O Minho ao contar com o afluentes tão importantes como o rio Sil conta com a bacia hidrográfica mais importante do nosso território e pelo tanto a sua importância social, económica e cultural e dum valor incalculável para o conjunto da povoação galega e dos seus territórios estremeiros.

2.-Na bacía alta do Miño existen diversos tipos de ecosistemas acuáticos, característicos da rexión bioclimática atlántica. Afluentes como o Parga, o Ladra e o Támoga integran un característico complexo húmido, formado por unha extensa rede de canles, lagoas e terreos inundados aos que se asocian pasteiros, zonas agrícolas, bosques de ribeira, turbeiras ombotróficas, breixeiras e carballeira. Esta grande diversidade de hábitat acolle numerosas especies de aves durante o período invernal.[6]

O tramo do baixo Miño da lugar a unha ría estreita e ateigada con depósitos de sedimentos, o que a converte nun importante reservorio de marismas e esteiros. Os problemas de conservación a que se ve sometida esta zona radican na alta presión urbanística, cinexética e pesqueira, ademais da contaminación producida polos residuos urbanos.

En todo o curso do río atópanse peixes como a troita (Salmo trutta) e a anguía (Anguilla anguilla) e mamíferos como o aguaneiro (Galemys pyrenaicus) e a lontra (Lutra, lutra).

No tramo alto atopamos unha vexetación formada por bosques aluviais de ameneiros (Almus glutinosa) e freixos (Fraxinus escelsior), carballeiras (Quercus robur e Quercus pyrenaica) e uceiras húmidas atlánticas (Erica cillaris e Erica tetralix). No relativo á fauna, están presentes numerosos anátidos (Anas platyrhynchos, Anas clypeata), así como un pequeno núcleo de sisón (Tetrax tetrax). Como especies piscícolas atopamos poboacións de ciprínidos como o cacho (Lenciscus carditerti), a reñosa (Rutilus arcani) e a boga (Choridostona polylepis duriensis). Dentro dos gasterosteidos, o espiñoso (Gasterosteus aculeatus).

O tramo baixo do Miño alberga durante o inverno gran numero de aves acuáticas, como o porrón moñudo (Aythya fuligula), a píldora dourada (Pluvialis apricaria), a píldora cincenta (Pluvialis squatarola) e a avefría (Vanellus vanellus). Tamén conta cunha importante variedade de peixes, entre os que destaca o salmón (que presenta neste río o linde de distribución máis meridional de toda Europa) e a lamprea (Petromyzon marinus) pescada tradicionalmente nestas augas, en cuxa captura empregábanse diques de feitura peculiar, denominadas pesqueiras. Outras especies piscícolas que se atopan neste tramo son a zamborca (Alosa alosa), a sabela (Alosa fallax), a carpa vermella (Carassius auratus), a perca negra (Micropterus salmoides) e a solla (Platichthys flesus). FONTE WIKIPEDIA

3.-Afluentes do Río Miño por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Río Madanela:[1] desemboca en Miñoto (A Pastoriza, Lugo) pola marxe dereita.
  2. Río Pequeno:[1] desemboca no Pumar (Castro de Rei, Lugo) pola marxe dereita.
  3. Río Azúmara:[1] desemboca en Coea (Castro de Rei, Lugo) pola marxe esquerda.
  4. Río Anllo:[1] desemboca en Triabá (Castro de Rei, Lugo) pola marxe dereita.
  5. Río Lea:[1] desemboca en Beloi (Castro de Rei, Lugo) pola marxe esquerda.
  6. Río Támoga:[1] desemboca entre Os Porrás (Begonte, Lugo) e Rego (Cospeito, Lugo) pola marxe dereita.
  7. Río Ladra:[1] desemboca fronte a Santa Isabel (Outeiro de Rei, Lugo) pola marxe dereita.
  8. Río Robra: desemboca en Robra (Outeiro de Rei, Lugo) pola marxe esquerda.
  9. Río Narla:[1] desemboca en Ombreiro (Lugo, Lugo) pola marxe dereita.
  10. Río Mera:[1] desemboca na Mera (Lugo, Lugo) pola marxe dereita.
  11. Río Rato:[10] desemboca na cidade de Lugo pola marxe esquerda.
  12. Río Chamoso:[1] desemboca en Chamoso (O Corgo, Lugo) pola marxe esquerda.
  13. Río Neira:[1] desemboca entre A Veiga (O Corgo, Lugo) e Vilasante (O Páramo, Lugo) pola marxe esquerda.
  14. Río Ferreira:[1] desemboca en Pacios (Guntín, Lugo) pola marxe dereita.
  15. Río Loio:[1] desemboca en Cabo de Vila (Paradela, Lugo) pola marxe esquerda.
  16. Río Zamoelle:[2] desemboca en Ferreiroá (Portomarín, Lugo) pola marxe dereita.
  17. Río Pez:[1] desemboca entre Teibel e Marzán (O Saviñao, Lugo) pola marxe esquerda.
  18. Rego de Moreda:[1] desemboca en San Xián (Taboada, Lugo) pola marxe dereita.
  19. Río Sardiñeira:[1] desemboca en Montegrande (O Saviñao, Lugo) pola marxe esquerda.
  20. Río de Pesqueiras:[1] desemboca en Pesqueiras (O Saviñao, Lugo) pola marxe esquerda.
  21. Río Asma:[1] desemboca no Castro (Chantada, Lugo) pola marxe dereita.
  22. Río Búbal:[1] desemboca nos Peares (A Peroxa e Nogueira de Ramuín, Ourense e Carballedo e Pantón, Lugo) pola marxe dereita.
  23. Río Sil:[1] desemboca nos Peares (A Peroxa e Nogueira de Ramuín, Ourense e Carballedo e Pantón, Lugo) pola marxe esquerda.
  24. Río de Barra:[1] desemboca en Barra de Miño (Coles, Ourense) pola marxe dereita.
  25. Río Lonia:[1] desemboca na Lonia de Abaixo (Ourense, Ourense) pola marxe esquerda.
  26. Río Barbaña:[1] desemboca na cidade de Ourense pola marxe esquerda.
  27. Río Barbantiño:[1] desemboca entre Arrabaldo (Ourense, Ourense) e Izás (Punxín, Ourense) pola marxe dereita.
  28. Río Avia:[1] desemboca na vila de Ribadavia (Ourense) pola marxe dereita.
  29. Río Ceves:[2] desemboca en Prexigueiro (Ribadavia, Ourense) pola marxe dereita.
  30. Río Arnoia:[1] desemboca nos Chaos (A Arnoia, Ourense) pola marxe esquerda.
  31. Río Deva:[1] desemboca entre Casaldálvaro (Cortegada, Ourense) e O Valiño (Pontedeva, Ourense) pola marxe esquerda.
  32. Río Troncoso ou Barxas:[1] forma parte da Raia, e desemboca fronte A Frieira (Crecente, Pontevedra), entre Acivido (Padrenda, Ourense) e Cevide (Monção, Distrito de Viana do Castelo, Rexión Norte, Portugal) pola marxe esquerda.
  33. Río Ribadil:[1] desemboca na Foz (Crecente, Pontevedra) pola marxe dereita.
  34. Río Deva:[1] desemboca entre O Cruceiro e O Pumar (Arbo, Pontevedra) pola marxe dereita.
  35. Río Cea:[1] desemboca na Ponte Cabaleiros (Arbo, Pontevedra) pola marxe dereita.
  36. Río Mouro:[1] desemboca en Forte (Monção, Distrito de Viana do Castelo, Rexión Norte, Portugal) pola marxe esquerda.
  37. Río Termes:[1] desemboca entre Sucarreira e A Laxe (As Neves, Pontevedra) pola marxe dereita.
  38. Regueira Xuliana:[1] desemboca en Liñares (As Neves, Pontevedra) pola marxe dereita.
  39. Rego de Lobeira:[1] desemboca nas Regueiras (Salvaterra de Miño, Pontevedra) pola marxe dereita.
  40. Río Tea:[1] desemboca na Quinta de Fillaboa (Salvaterra de Miño, Pontevedra) pola marxe dereita.
  41. Río da Gadanha:[1] desemboca en Troporiz (Monção, Distrito de Viana do Castelo, Rexión Norte, Portugal) pola marxe esquerda.
  42. Río Caselas:[1] desemboca entre A Agrela (Salvaterra de Miño, Pontevedra) e Caldelas (Tui, Pontevedra) pola marxe dereita.
  43. Río Manco:[1] desemboca en Friestas (Valença, Distrito de Viana do Castelo, Rexión Norte Portugal) pola marxe esquerda.
  44. Río Louro:[1] desemboca na cidade de Tui (Pontevedra) pola marxe dereita.
  45. Río Furnia:[2] desemboca en Carregal de Abaixo (Tomiño, Pontevedra) pola marxe dereita.
  46. Río Cereixo:[1] desemboca en Forcadela (Tomiño, Pontevedra) pola marxe dereita.
  47. Río do Pego:[1] desemboca en Vilar de Matos (Tomiño, Pontevedra) pola marxe dereita.
  48. Río Tollo:[1] desemboca entre Fontela (Tomiño, Pontevedra) e Carril (O Rosal, Pontevedra) pola marxe dereita.
  49. Río Tamuxe:[1] desemboca entre A Ponte da Tamuxe e Pías (O Rosal, Pontevedra) pola marxe dereita.
  50. Río Coura:[1] desemboca na cidade de Caminha (Distrito de Viana do Castelo, Rexión Norte, Portugal) pola marxe esquerda.

FONTE WIKIPEDIA.

4.-O Rio Minho é um rio internacional já que o mesmo discorre 75 km dividindo a administração galega com a portuguesa. Neste trecho existem 14 ilhas internacionais sendo quatro consideradas território internacional já que não são reclamadas nem por Portugal nem pela Galiza e 5 portuguesas e outras 5 galegas.

5.-O lugar de nascimento é o Pedregal de Irimia que se topa a uma altitude de 750 m de altitude na Serra de Meira. O Pedregal de Irimia e a antiga morrena duma geleira (glaciar) e pelo tanto esta conformado por enormes penedos redondeados de granito grise. O Pedregal de Irimia conta com numerosas lendas pagã e religiosas. A sua fauna e vegetação é a própria da zona é dizer de montanha alta de Galiza.

6.-Desde há uns anos a eucaliptização de Galiza é imparável é esta espécie invasora esta invadindo a case totalidade do território galego já que a introdução da variedade nitens permite a explotação desta variedade em zonas do interior e de grão altitude. O Pedregal de Irimia não é uma excepção nesta barbárie médio ambiental que esta levando a que o nosso território se converta num total mono-cultivo de eucaliptos.

Os eucaliptos são plantas invasoras pelo que colonizam térreos sem necessidade de ser plantadas pelos humanos e ademais a sua capacidade invasora incrementa-se trás um incêndio. O seu rápido crescimento faz madeira que case só serve para produzir pasta de celulose e é devido a grão quantidade de auga que consome para o seu crescimento. Há estudos que indicam que precisam consumir uns 42.000 hectare por dia.

A vorágine de consumo de auga dos eucaliptos no nascimento do Rio e as suas imediação vão provocar o secado de fontes que traíra como consequência o secado dos Pedregal de Irimia é dizer o secado do nascimento do Rio Minho. O secado das fontes da Serra de Meira também vão supor o corte de subministro de auga potável a Meira, já que é destas fontes de onde se abastece principalmente a sua povoação.

Por todo isto,

SOLICITA:

1.-Que nos orçamentos para o vindoiro ano 2017 da Conselleria de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio se incluam partidas orçamentárias para o desenvolvimento real das seguintes medidas.

A.-Aquisição dos térreos privados do Pedregal de Irimia e dos estremeiros numa extensão mínima de 1000 metros desde a linha central do mesmo para a criação dum entorno de proteção meio ambiental e a sua posta em valor e potenciação como aula da natureza.

B.-A construção na Vila de Meira dum centro internacional de divulgação e interpretação do

Rio Minho desde um ponto de vista meio ambiental, social, cultural, …. com presença no mesmo do idioma galego e português.

Galiza, 12 de Junho de 2016.

 

2 pensamentos sobre “Iniciativa para salvar o nascimento do Rio Minho.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *